dereita|miniatura|Atlético Coruña Montañeros coa canteira - campións da Rexional Preferente 2024-25. O Atlético Coruña Montañeros Club de FútbolFicha do club na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 3 de maio de 2017. é un club de fútbol galego da cidade da Coruña, que compite no Grupo 1 da Preferente Galicia. Foi fundado en 1978 e chegou a competir na Segunda División B entre as tempadas 2009/10 e 2011/12

Historia miniatura|dereita|280px|Partido entre o Montañeros CF e o Cidade de Santiago. O Montañeros xorde no ano 1968 como unha asociación de “boy scouts” chamada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón vinculada ao colexio dos xesuítas da Coruña. A partir de 1973 comeza a práctica do fútbol, feito que levaría a que no ano 1978 se crease un club de fútbol federado chamado Club Montañeros del Sagrado Corazón que participa en categorías xuvenís. Nesta época xorde do club unha peña madridista.

En 1994, co club ao bordo da desapación, un grupo liderado por Fausto Vázquez faise coa dirección do club e faino rexurdir. A entidade cambia o seu nome polo de Montañeros Club de Fútbol e poténcianse os equipos de fútbol base. No ano 2003, tralo ascenso do equipo xuvenil á División de Honra, e co apoio do Banco Gallego, créase o equipo sénior. O club adoptará o nome de Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego.

Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións autonómicas galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006/07 acadando o cuarto ascenso consecutivo chegando á Terceira División. Na súa primeira tempada na categoría o equipo conseguiu salvar a categoría quedando no oitavo posto. Na tempada 2008/09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar a promoción de ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado. Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º. Logo de tres anos na categoría de bronce, remata a tempada 2011-12 en 18º lugar e descende á Terceira División.

Porén, a falla de apoios económicos provocou que o equipo nunca chegase a competir de novo nesa categoría. O 1 de xuño de 2012, o Montañeros anuncia a disolución do seu equipo sénior e a súa vontade de centrarse no traballo coa canteira."El Montañeros C. F. disuelve su equipo sénior" , Vavel, 1 de xuño de 2012. En 2014 o club foi absorbido polo Atlético Coruña Club de Fútbol xunto co Sporting Universidade. En 2016 o club cambia o seu nome polo de Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol. A partir de 2016 volve contar con equipo sénior tras herdar a praza do Sporting Universidade.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón morado e medias moradas.

Uniformes históricos

Estadio O Montañeros non ten estadio en propiedade. Durante a etapa 2003-2012, o equipo sénior xogaba os seus partidos na Grela e, posteriormente, en Elviña, aínda que tamén chegou a disputar un partido en Riazor fronte ao Alavés despois de llo solicitar ao concello.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 3 Tempadas en 3ª: 2 Mellor posto na liga: 10º (2ª B, tempada 2009-10) Participacións na Copa do Rei: 0 Promocións de ascenso a Segunda B: 1 (0 ascensos)

Historial na liga TempadaCategoríaPostodesde 1978?ata 2003? 2003/043ª Autonómica 10px2004/052ª Autonómica 10px2005/061ª Autonómica 10px2006/07Preferente 10px2007/083ª8º2008/093ª 10px2009/102ªB10º2010/112ªB12º2011/122ªB 10pxdesde 2012Sen equipo séniorata 2016TempadaCategoríaPosto2016/171ª Galicia6º2017/181ª Galicia 10px2018/19Preferente10º2019/20Preferente17º2020/21Preferente / 2021/22Preferente / 2022/23Preferente12º2023/24Preferente6º2024/25Preferente 10px2025/263ª RFEF

Palmarés Subcampión da Terceira División de España (1): 2008/09 Preferente Galicia (2): 2006/07, 2024/25 Primeira Galicia (2): 2005/06, 2017/18 Segunda Galicia (1): 2004/05 Terceira Galicia (1): 2003/04 Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 2010/11 Copa da Coruña (2): 2005, 2025 Copa Deputación da Coruña (1): 2025

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Montañeros CF