Hannah Montana é unha serie de televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que se emitiu en Disney Channel durante catro tempadas entre o 24 de marzo de 2006 e o 16 de xaneiro de 2011. Coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunto con That's So Raven foi un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.

O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie.

Sinopse A serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó público, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.

Episodios Tempada Episodios Emisión orixinal Inicio Final   1 26 24 de marzo de 2006 30 de marzo de 2007   2 30 23 de abril de 2007 12 de outubro de 2008   3 30 2 de novembro de 2008 14 de marzo de 2010   4 13 11 de xullo de 2010 16 de xaneiro de 2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2006 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2011 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Disney