O Munster Rugby (en ) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións (Champions Cup). O equipo representa á sección de Munster da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia. O estadio principal do equipo é o Thomond Park de Limerick, recinto con capacidade para 25.600 espectadores. Con todo, ás veces tamén xogan no Irish Independent Park de Cork, con capacidade para 8.008. Entre os principais títulos obtidos polo club, están dúas Champions Cup (2006 e 2008) e tres Pro14 (2003, 2009 e 2011).
O equipo de Munster foi fundado oficialmente en 1879, á vez que os equipos das provincias de Leinster e Ulster, sendo o de Connacht fundado unha década despois en 1889. Porén, o primeiro xogo interprovincial entre representantes das provincias xa se disputara en 1875. O Munster tradicionalmente fornecía ao seu equipo con xogadores de clubs da cidade de Limerick, onde o rugby é moi popular e xogado a todos os niveis. O lema do equipo é "To the brave and faithful, nothing is impossible" (do ), o cal provén do lema do clan Mac Cárthaigh "Forti et Fideli nihil difficile".
Historia Antes da creación das dúas competicións profesionais nas que compite actualmente, o equipo provincial de Munster xa existía. Foi fundado como equipo representativo da provincia en 1879, e nos anos dos equipos afeccionados competía coas outras 3 provincias irlandesas polo campionato anual Inter-Provincial Championship, que Munster gañou en 22 ocasións. Munster tense enfrontado á maioría das seleccións internacionais que visitaban Irlanda nas súas xiras, comezando polo encontro fronte Australia en 1947. Munster acadou un empate cos Wallabies en 1958, pero acadou 4 vitorias en 1967, 1981, 1992 e 2010. Fronte a Nova Zelandia, Munster empatou en 1973, pero conseguiu a vitoria en 1978.
Estadio
O principal terreo de xogo no que disputa os seus encontros Munster Rugby como local é o estadio Thomond Park de Limerick, recentemente reformado para acoller 26.500 seareiros. Munster tamén xoga algúns encontros no Musgrave Park de Cork, no que collen 9.251 persoas.
Elenco Os seguintes son os xogadores de Munster para o Pro14 de 2019−20.
Equipo de Leinster (Pro14)Piliers Stephen Archer James Cronin David Kilcoyne Jeremy Loughman Liam O'Connor Ciaran Parker John Ryan Brian Scott
Talonadores Rhys Marshall Kevin O'Byrne Niall Scannell
Segunda liña Tadhg Beirne Billy Holland Jed Holloway Jean Kleyn Seán O'Connor Darren O'Shea Fineen WycherleyTerceira liña Arno Botha Chris Cloete Gavin Coombes Tommy O'Donnell Jack O'Donoghue Conor Oliver Peter O'Mahony (c) CJ Stander
Medios-melé Craig Casey Neil Cronin Nick McCarthy Conor Murray
Aperturas Tyler Bleyendaal Joey Carbery J. J. HanrahanCentros Sammy Arnold Shane Daly Chris Farrell Dan Goggin Rory Scannell
Ás Andrew Conway Keith Earls Calvin Nash Darren Sweetnam Alex Wootton
Zagueiros Mike Haley (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.
Xogadores destacados British and Irish Lions Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.
Internacionais Os seguintes son xogadores destacados de Leinster que foron internacionais con seleccións diferentes á irlandesa.
Club dos 200 Os seguintes xogadores, disputaron máis 200 encontros con Munster.
Xogador Xogos Anos Donncha O'Callaghan 268 1998–2015 Ronan O'Gara 240 1997–2013 Peter Stringer 232 1998–2013 Marcus Horan 225 1999–2013 Billy Holland 219 2007–presente John Hayes 217 1998–2011 Alan Quinlan 212 1996–2011 Mick O'Driscoll 207 1998–2003, 2005–2012 David Wallace 203 1997–2012 Anthony Foley 201 1994–2008
Adestradores Os seguintes son os adestradores de Munster desde o inicio da era profesional. thumb|175px|Anthony Foley.
AdestradorAnosXogosVitoriasEmpatesDerrotasVitorias %Derrotas % 1994/95 – 1996/97191207%% 1997/989405%% 1998/99 – 2002/038060317%% 2003/04 – 2004/056140021%% 2005/06 – 2007/088454129%% 2008/09 – 2011/1211579135%% 2012/13 – 2013/146138122%% 2014/15 – 2016/176439223%% 2016/17 – 2017/18433319%% 2017/18 – presente6141317%%
Palmarés European Rugby Champions Cup Campións (2): 2006, 2008 Subcampións (2): 2000, 2002 Pro14 Campións (3): 2003, 2009, 2011 Subcampións (4): 2002, 2005, 2015, 2017 Celtic Cup Campións (1): 2005 Irish Inter-Provincial Championship Campións (22): 1948, 1953, 1955, 1958, 1960, 1963, 1966, 1967, 1969, 1973, 1974, 1976, 1978, 1979, 1983, 1988, 1994, 1995, 1997, 1999, 2000, 2001 Setanta Challenge Cup Campións (2): 2007, 2008 British and Irish Cup Campións (2): 2012, 2017 Subcampións (1): 2010
Encontros contra seleccións A seguinte é unha lista dos resultados de Leinster contra combinados nacionais e rexionais. Nos resultados, os puntos de Leinster aparecen sempre primeiro.
DataOpoñenteLocalizaciónPuntuaciónResultado1947 Mardkye 5–6 Derrota1951 Thomond Park 6–11 Derrota1954 Mardkye 3–6 Derrota1958 Thomond Park 3–3 Draw1960 Musgrave Park 3–9 Derrota1962 Musgrave Park 11–8 Vitoria1963 Thomond Park 3–6 Derrota1967 Musgrave Park 11–8 Vitoria1970 Thomond Park 9–25 Derrota1973 Musgrave Park 3–3 Empate1973 Thomond Park 12–12 Empate1974 Thomond Park 4–14 Derrota1976 Musgrave Park 13–15 Derrota1978 Thomond Park 12–0 Vitoria1980 Thomond Park 9–32 Derrota1981 Musgrave Park 15–6 Vitoria1984 Thomond Park 19–31 Derrota1989 Musgrave Park 9–31 Derrota1990 Clonmel 15–19 Derrota1992 Musgrave Park 22–19 Vitoria1996 Musgrave Park 25–35 Derrota1996 Thomond Park 19–55 Derrota1998 Thomond Park 49–17 Vitoria2008 Thomond Park 16–18 Derrota2010 Thomond Park 15–6 Vitoria2016 Thomond Park 27–14 Vitoria
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Munster Rugby
Categoría:Equipos de rugby de Irlanda Categoría:Equipos do United Rugby Championship