Daniel Jarque González, nado en Barcelona o 1 de xaneiro de 1983 e finado en Florencia o 8 de agosto de 2009, foi un futbolista catalán que xogaba de defensa central. O club no que se desenvolveu toda a súa carreira deportiva foi o RCD Espanyol.
Durante a final do Mundial de fútbol 2010 Andrés Iniesta dedicou o gol marcado na súa memoria.
Traxectoria Jarque empezou a xogar no CF Cooperativa de Sant Boi de Llobregat e aos 12 anos pasou a formar parte das categorías inferiores do RCD Espanyol. O futbolista debutaría co primeiro equipo o 20 de outubro de 2002, nun partido de liga ante o Recreativo de Huelva.Supergol El Mundo Deportivo, 21.10.2002 Durante os seguintes dous anos iría alternando o filial co primeiro equipo.
Non sería ata a tempada 2004-2005, e da man de Miguel Ángel Lotina, cando Jarque pasaría a ter ficha no persoal principal. Alí conseguiu co club perico o seu primeiro título como profesional, a Copa do Rei de 2006 que o club branquiazul gañou ante o Real Zaragoza. Na súa carreira tamén chegou a disputar a final da Copa da UEFA, que perdeu ante o Sevilla FC na final que se disputou en Glasgow o 16 de maio de 2007. O 18 de xullo de 2009, o adestrador Mauricio Pochettino outorgoulle o brazalete de capitán do RCD Espanyol."O brazalete de capitán é a miña recompensa a unha vida entregada ao Espanyol" El País, 10.8.2009
Falecemento Durante a xira estival que o seu equipo realizaba por Italia, Jarque perdeu o coñecemento na habitación do hotel de concentración mentres mantiña unha conversa telefónica coa súa noiva. Esta rapidamente avisou ao seu compañeiro de cuarto no hotel, Ferran Corominas, que pediu asistencia médica. Aínda que foi trasladado rapidamente a un hospital, os médicos non puideron facer nada por reanimalo e o futbolista perdeu a vida. Dani Jarque morreu por mor dunha asistolia no Centro Técnico Federal da FIGC en Coverciano, barrio de Florencia (Italia), o 8 de agosto de 2009.
A noticia da morte do futbolista causou unha gran conmoción no mundo do fútbol español. Pola capela ardente que se dispuxo o 11 de agosto no Estadio Cornellà-El Prat desfilaron representantes de todos os equipos de primeira e segunda división, así como distintas autoridades da vida pública e política, ademais de 14.000 afeccionados."Más de 14.000 personas en el último adiós a Jarque" El Mundo, consultado o 12 de agosto de 2009 . No Estadio Cornellà-El Prat existe a tradición non oficial de aplaudir durante o minuto 21 de cada partido en memoria do xogador, xa que este número era o seu dorsal na última tempada que disputou.
Homenaxes posteriores Desde mediados de abril de 2010, a porta número 21 do estadio Cornellà-El Prat pasou a denominarse oficialmente porta Dani Jarque na súa honra.abc.es A Porta 21 do estadio Cornellà chámase Dani Jarque (16 de abril de 2010)
O 11 de xullo de 2010, Andrés Iniesta, tras conseguir o gol da vitoria na final do mundial de Suráfrica 2010 (fronte ao equipo dos Países Baixos), homenaxeou a Dani Jarque mostrando unha camiseta co lema Dani Jarque siempre con nosotros.marca.com Iniesta, o gol da súa vida dedicado a Jarque (11 de xullo de 2010) Tras o partido o xogador declarou moi emocionado que non puidera facer nada por el en toda a tempada e merecíao.sport.es Iniesta dedicou o seu tanto ao desaparecido Dani Jarque (11 de xullo de 2010)
No primeiro aniversario da súa morte, o seu equipo fíxose co Trofeo Ramón de Carranza, os seus compañeiros dedicáronlle a vitoria poñéndolle ao trofeo unha camiseta coa súa fotografía.marca.com O Carranza como tributo a Jarque (8 de agosto de 2010)
O 21 de xaneiro de 2012 inaugurouse na porta 21 do estadio Cornellà-El Prat unha estatua de bronce do ex-capitán do club perico, inspirado na memoria de Jarque.marca.com Jarque xa preside a porta 21 de Cornellà (21 de xaneiro de 2012)as.com Escultura de Dani Jarque xa está en Cornellà-El Prat (21 de xaneiro de 2012)
Estatísticas Temp.ClubPaísLigaPart.GolesCopaGolesEuropaGoles2002/2003 RCD Espanyol 20px|Bandeira de España España Primeira División60002003/200490002004/2005211102005/200634471802006/2007360211402007/20083112008/2009362
Palmarés 1 Copa do Rei: 2006, co RCD Espanyol. 1 subcampionato da Copa da UEFA: 2007, co RCD Espanyol. 1 Copa Catalunya: 2006 1 Campionato Europeo da UEFA Sub-19: 2002
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Andrés Iniesta explica a dedicatoria do gol a Jarque na final do Mundial
Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1983 Categoría:Finados en 2009