miniatura|250px|Foto policial de Charles Ponzi O esquema Ponzi é un unha operación fraudulenta de investimento na que se prometen anormalmente altos réditos a custa do capital procedente de novos investidores máis que dos beneficios reais da operación. Constitúe unha forma sofisticada do venda piramidal que forma unha burbulla económica destinada ó colapso.

O esquema débelle o nome a Charles Ponzi, un inmigrante italiano nos Estados Unidos, quen utilizou esta técnica na década de 1920, aínda que non foi el quen a inventou, pois xa Charles Dickens a describiu nunha das súas novelas. O esquema orixinal baseábase no cambio de Cupóns de Resposta Internacional enviados desde Italia por selo de correos estadounidenses, o que en teoría permitía obter beneficios pola diferente taxa postal entre os dous países, pero axiña derivou en que os novos investores paragaban os réditos dos investidores anteriores, facendo millonario ó propio Ponzi ata que foi detido acusado de fraude postal.

Nos Estados Unidos de América, na década de 2000, o financeiro Bernard Madoff ofrecía un fondo de investimento con xuros mensuais do 1% no mercado norteamericano a través dun esquema en pirámide do tipo Ponzi. A pesar da taxa de xuros de mensuais do 1% non ser totalmente absurda, era moi elevada respecto ao patróns da economía norteamericana (da orde do 1% ao ano) e só foi posible a través de depósitos de novos investidores. A partir da crise financeira mundial de 2007 os investidores dos fondos de Madoff foron sorprendidos ao non conseguir rescatar os seeus depósitos, un esquema de fraude estimado en US$ 65 millóns de dólares. En 2008, Bernard Madoff, entón con 71 anos, foi acusado e condenado a 150 anos de prisión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ponzi Schemes por Bill E. Branscum, un investigador de crimes financeiros Breve biografía de Charles Ponzi Descrición detallada das fraudes piramidais ou de Ponzi

Categoría:Delitos

ru:Международный ответный купон#Финансовая пирамида Понци