miniatura|George Arliss George Arliss, nado en 1868 e finado en 1946, foi un actor británico.
Traxectoria Comezou actuando no teatro, en 1921 marcha aos Estados Unidos e protagoniza o seu primeiro filme, The Devil, seguido por Disraeli. En 1929 protagonizou unha nova versión sonora de Disraeli, pola que gañou un Oscar. Protagonizou numerosos filmes históricos como Alexander Hamilton, Voltaire e Cardinal Richelieu. Publicou en dous volumes a súa autobiografía, Up the Years from Bloomsbury (1927) e My Ten Years in the Studios (1940).
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en Londres Categoría:Óscar ó mellor actor