Fito & Fitipaldis é un grupo musical bilbaíno creado en 1998 por Fito Cabrales coa intención de publicar cancións que non eran do estilo da súa outra banda, Platero y tú. O seu tipo de música é moi variado, vai desde o Rock and roll pasando polo blues, o soul, o swing e moitos máis. As súas letras adoitan falar de historias persoais.
Membros Está formado por Fito Cabrales (voz principal, guitarra eléctrica e acústica), Carlos Raya (guitarra eléctrica, slide e pedal steel), Javier Alzola (saxofón), José "El niño" Bruno (batería), Candy Caramelo (baixo e coros) e Joserra Semperena (Hammond e piano).
Historia O 11 de setembro de 2006 viu a luz o seu quinto disco, titulado Por la boca vive el pez. Este traballo conseguiu ser número 1 na lista de vendas de AFYVE (Disco de Platino, con máis de 100.000 copias vendidas, en menos de dúas semanas). Ademais, Fito & Fitipaldis converteuse na primeira banda da historia en colocar toda a súa discografía de estudo entre os 100 discos máis vendidos en España.FITO & FITIPALDIS «No me siento una estrella». Por la boca vive el pez recibiu un disco de platino polas máis de 240.000 copias distribuídas.Fito recibirá o triplo disco de platino este martes no programa de Buenafuente.
En outubro de 2007 o grupo recibe un Disco de Diamante por vender máis dun millón de discos.Fito e o seus 'Fitipaldis' reciben o disco de Diamante por vender un millón de discos
Discografía A puerta cerrada (1998) Los sueños locos (2001) Lo más lejos a tu lado (2003) Vivo... para contarlo (2004) Por la boca vive el pez (2006) Dos son multitud (2008) (Directo xunto a Andrés Calamaro) Antes de que cuente diez (2009) Huyendo conmigo de mí (2014)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Platero y tú Extrechinato y tú Extremoduro Andrés Calamaro
Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Last Tour International
Categoría:Grupos musicais formados en 1998 Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de rock