Hiʻiaka é a máis grande e exterior das dúas lúas do planeta anano Haumea.

Descubrimento e bautizo Hiʻiaka foi o primeiro dos satélites descubertos ó redor de Haumea. O chamada coma unha das fillas de Haumea, Hiʻiaka, filla da que é deusa da fertilidade e patroa da Illa de Hawaii, a lúa recibiu ó principio o alcume de "Rudolph" por parte do equipo do descubrimento. Orbita ó seu planeta cada 49,12 ± 0,03 días a unha distancia de 49.880 ± 198 km, cunha excentricidade de 0,0513 ± 0,0078 e unha inclinación de 126,356 ± 0,064°. Eventos esperados para xullo do 2009 poderían aclarar e achegar datos máis precisos sobre ás órbitas e masas dos obxectos que compoñen o sistema de Haumea.D. Ragozzine, M. E. Brown Orbits And Masses Of The Satellites Of The Dwarf Planet Haumea = 2003 EL61, To appear in The Astronomical Journal (2009) Preprint on arXiv

Tamaño e albedos O albedo medido é de 5,9 ± 0,5 % que trasladado a diámetro, da coma resultado un 22 % do diámetro do seu planeta, o que vén sendo arredor 350 km, asumindo có albedo é semellante ó de Haumea. Para poñelo en perspectiva, esta lúa podería podería se-lo quinto asteroide (sen conta-los trans-neptunianos) en tamaño, despois de 1 Ceres, 2 Pallas, 4 Vesta, e 10 Hygiea, se estivese situado no cinto de asteroides, entrando así na lista de asteroides notables do Sistema Solar.

Masa A masa de Hiʻiaka foi estimada en 1,79 ± 0,11 x 1019 kg usando a astrometría dos telescopios Hubble e Keck e colocando 3 corpos celestes para o modelo de centro de masas do sistema de Haumea.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lúas de Haumea Namaka Haumea Familia colisional de Haumea Familia de colisión Ligazóns externas Brown's publication describing the discovery of Hiʻiaka Paper describing the composition of Hiʻiaka

Categoría:Lúas de Haumea