miniatura|Debuxo do século 19 A fenta ou fento femia (Athyrium filix-femina) é unha especie de fieito longo e plumoso, natural na maior parte do Hemisferio Norte temperado, xeralmente abundante en ambientes húmidos e sombrizos (bosques) e que se planta a miúdo como elemento decorativo. Recibe tamén o nome de fento manso.
A planta é cespitosa (as frondas medran a partir do grupo basal ao longo do rizoma). As frondes son amarelo-verdosas, de 20–90 cm de lonxitude e 5–25 cm de amplo; e son caducas. Os soros semellan puntos no envés das frondes, entre 1-6 soros por pínnula, cubertos por unha prominencia albeira, e con forma de ril. As frondes son tripinnuladas.
Cultivo e usos O rizoma e as frondes novas son velenosas se están cruas, mais comestibles despois de cociñalas.
Notas Germplasm Resources Information Network: Athyrium filix-femina Plants for a Future: Athyrium filix-femina Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Welsh Ferns. National Museum of Wales.
Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Woodsiaceae Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora da Europa Atlántica