miniatura|María Antonieta, por Mme Vigée-Lebrun en 1783.miniatura|Sinatura de María Antonieta.|223 px|dereitaMaría Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.

Traxectoria Mocidade En Viena miniatura|180px|esquerda|María Antonieta por Jean-Etienne Liotard, 1762.Filla do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Francisco I, gran duque de Toscana, e de súa esposa María Tareixa I, arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e raíña de Bohemia, naceu o 2 de novembro de 1755. É a décimo quinta e penúltima filliña da parella imperial. Dela encárganse as aias, gobernantas da familia real (Mme de Brandeiss e a severa Mme de Lerchenfeld), baixo a estrita supervisión da emperatriz, que ten ideas moi básicas sobre a educación dos seus fillos: hixiene rigorosa, réxime inflexíbel e fortalecemento do corpo. Pasa a súa máis tenra nenez entre os pazos de Hofburg e Schönbrunn, en Viena.

A emperatriz xa se esforza por casar súa filla co maior dos netos de Lois XV que ten, máis ou menos, a mesma idade ca ela. Do mesmo xeito, María Tareixa I acariña a idea de unir a outra das súas fillas, Isabel, co vello rei Lois XV. Trátase de selar a alianza franco-austríaca nada da famosa caída das alianzas concretada en 1756 polo tratado de Versalles, co fin de neutralizar a ascensión de Prusia e a expansión de Inglaterra.

miniatura|125px|dereita|María Antonieta aos 7 anos por Martin van der Meytens.Cando María Antonieta ten 13 anos, a emperatriz, vella dama e viúva, interésase máis pola súa educación coa esperanza de a casar. A arquiduquesa toma leccións de clave con Gluck e de baile (francés) con Noverre. Cando súa nai escolle, amais, a dous actores para lles dar clases de dicción e de canto, o embaixador francés protesta oficialmente (os actores pasan entón por seren personaxes pouco recomendábeis). María Tareixa I pídelle daquela que nomee a un preceptor aceptado pola coroa de Francia. Será o abade de Vermond, admirador do Século das Luces e afeccionado ás Belas Artes que, enviado á corte imperial, ía arranxar as lagoas na educación da nova arquiduquesa e comezar a a preparar para as súas futuras funcións.

O 13 de xuño de 1769, o marqués de Dufort, embaixador de Francia en Viena, realiza o pedimento de man para o Delfín. María Tareixa I acepta axiña. En Francia o partido devoto, hostil pola caída das alianzas levadas a cabo polo Duque de Choiseul para proveito do inimigo sempiterno, chama xa á futura Delfina a Austríaca, adeallo que lle fora dado polas fillas do rei Lois XV.

Delfina O 17 de abril de 1770, María Antonieta renuncia, oficialmente, aos seus dereitos sobre o trono arquiducal austríaco e o 16 de maio casa co Delfín en Versalles. O mesmo día da voda prodúcese un escándalo de protocolo: as princesas de Lorena, alegando o seu parentesco coa nova Delfina, permitíronse bailar antes que as duquesas, grandes damas da nobreza, que roxen contra "a Austríaca". E pola tarde 132 persoas morren asfixiadas na rúa, no medio da ledicia pública.

miniatura|dereita|María Antonieta entre 1769-70.Nova, belida, intelixente, herdeira de Habsburgo e cunha árbore xenealóxica impresionante, a súa chegada aviventa tamén os celos do pequeno mundo da nobreza versallesca e das múltiples e dubidosas alianzas. Mais a nova Delfina trata de se acostumar á súa recente vida. O seu espírito dobrégase mal á complexidade e á astucia da "vella corte" e á libertinaxe do rei Lois XV e da súa amasia Madame du Barry. O seu marido evítaa (o matrimonio non se consuma até xullo de 1733, ela trata de se afacer ao protocolo e á cerimonia francesa e estoxa ter a súa corte).

Por outra banda, María Antonieta é aconsellada, a través da voluminosa e segada correspondencia que mantén con súa nai e co conde de Mercy-Argenteau, embaixador de Austria en París -conde de Mercy, a única persoa coa cal pode contar, xa que Choiseul morreu uns meses após o seu matrimonio, vítima dunha conspiración provocada por Madame du Barry, a todopoderosa amasia de Lois XV. Esta famosa correspondencia secreta de Mercy Argenteau é unha fonte de información extraordinaria sobre todos os detalles da vida da María Antonieta despois do seu matrimonio en 1770 até o falecemento de María Tareixa I en 1780. Segundo o autor dun libro no que recolle a devandita correspondencia:

Raíña de Francia miniatura|esquerda|250px|María Antonieta 1778, Élisabeth Vigée Le Brun.No 10 de maio de 1774, Lois XVI e María Antonieta convértense nos reis de Francia e de Navarra, mais o seu comportamento non muda moito. Dende o verán de 1777 as primeiras cancións hostís como pequena raíña de vinte anos comezan a circular. María Antonieta arrodéase dunha pequena corte de favoritos (a princesa de Lamballe, o barón de Besenval, o duque de Coigny, a condesa de Polignac) suscitando as envexas doutros cortesáns, multiplica o seu vestiario e as festas, organiza partidas de cartas nas que se realizan grandes apostas.

A súa vida na Corte María Antonieta tenta influír na política do rei nomeando e destituíndo ministros ás toas ou seguindo os consellos interesados dos seus amigos. Así mesmo, por unha lideira, inmiscúese no caso Guines (embaixador en Londres, acusado dunha conspiración para levar a Francia á guerra), que provoca a caída en desgraza de Turgot. O barón Pichler, secretario de María Tareixa I, resume con moito tino a opinión xeral e escribe:

miniatura|dereita|250px|María Antonieta en 1787, por Élisabeth Vigée-Le Brun. Orixinalmente, no berce atopábase pintada Mme Sofía, derradeira filla da parella real, finada na idade de 11 meses. A Raíña após a terríbel perda de súa filliña, pide á pintora que retome o cadro e deixe o berce baleiro.Unha verdadeira campaña de vil desdouro móntase contra ela dende o seu acceso ao trono. Circulan os panfletos, acúsaselle de ter amantes (o conde de Artois, seu cuñado ou o conde sueco Hans Axel de Fersen) e incluso de manter relacións con mulleres (coa condesa de Polignac ou a princesa de Lamballe); de desbaldir o diñeiro público en frivolidades ou nos seus favoritos; de lle seguir o xogo a Austria, dirixida por seu irmán Xosé II. Cómpre recoñecer, porén, que ela fixo todo o posíbel para favorecer ao partido anti-austríaco, depondo do seu cargo a D’Aiguillon e substituíndoo por Choiseul, mais todo fora en van. Versalles fica baleiro, foxen os cortesáns desprezados pola raíña e os que non posúen os medios abondos para sosteren os gastos da Corte.

O 19 de decembro de 1778, María Antonieta ten seu primeiro fillo: é unha rapaza, María Tareixa, alcumada Madame Royale. O 22 de outubro de 1781 nace o Delfín Lois Xosé (chamado Lois Xosé Xabier Francisco). Mais os libelos fixeron correr deseguida a noticia de que o neno non é fillo de Lois XVI. Tras os nacementos, María Antonieta troca un chisco a súa forma de vida, pero segue de preto a construción do Hameau en Versalles, unha vila en miniatura na que a raíña cre descubrir a vida campestre. Adícase á caridade. O 27 de marzo de 1785 nace seu terceiro fillo, Lois-Carlos (Lois XVII), duque de Normandía. O 9 de xuño de 1787 nace súa derradeira filla, Sofía Beatriz (María Sofía Helena Beatriz) que finou cun ano de vida de tuberculose (19 de xullo de 1788).

A meirande parte do que coñecemos deste período, débese ás Memorias de Madame Campan, a principal confidente da Raíña.

O caso do Colar 150px|miniatura|esquerda|Deseño do colar de diamantes.En xullo de 1785 estoupa o Caso do colar da raíña: O xoieiro Bohmer reclama á raíña 1.5 millóns de libras por un colar de diamantes encargado en nome da soberana polo cardeal de Rohan. Ela non se fai responsábel. Insiste en apresar o cardeal, ao que acusa de a aldraxar ao lle ter aposto a compra do colar, e o escándalo é inevitábel. O rei confía o asunto ao Parlamento, que determina que a culpa corresponde a un par de aventureiros, Jeanne Valois de La Motte e seu marido, e desculpa o cardeal de Rohan, enganado mais inocente. A raíña, aínda que inocente, tamén é tratada con gran desconsideración polo pobo.

María Antonieta toma consciencia, por fin, da súa impopularidade e tenta rever os seus gastos, especialmente os da súa mansión, o que provoca novas rexoubas e outro escándalo na Corte cando os seus favoritos se ven privados dos seus cargos. Todo é inútil, xa que as críticas e rexoubas continúan e a raíña gáñase o alcume de Madame Déficit e bótaselle a culpa de todos os males. É acusada de estar na orixe da política anti-parlamentaria de Lois XVI e de nomear e destituír os ministros. No 1788 é ela a que induce ao rei a despedir o impopular Loménie de Brienne e substituílo por Jacques Necker. Mais xa é tarde dabondo, Lois XVI fora demasiado feble. "Que coman pasteis!" Xa en proceso de se desatar a revolución francesa, disque a xente da vila, cando lles tiña falta a fariña e mailo trigo, foron directamente a Versalles a se arrostraren coa raíña, segundo se conta, a raíña tería respondido coa celebérrima frase: Que coman pasteis (a frase enteira que tería pronunciado en 1789 é: S’ils n’ont pas de pain, qu’ils mangent de la brioche! ou Se non teñen pan, que coman pasteis!), o que causou unha gran carraxe no pobo, algo que só axudou a estoxaren máis a María Antonieta.

Hai moitas versións que sinalan o por qué María Antonieta diría aquilo. Porén, o filosófo Jean-Jacques Rousseau di que a frase non proveu dela, senón doutra raíña María Tareixa de Austria (esposa de Lois XIV); a frase orixinal era S'il ait aucun pain, donnez-leur la croûte au loin du pâté (Se non teñen pan, que lles dean follado no lugar de paté. "Pâté en croûte"), pero para moitas persoas María Antonieta foi a que dixo estoutra frase, que en certo modo foi recoñecida e analizada por todo o mundo.

A revolución 1789 miniatura|dereita|250px|María Antonieta, en 1788.No 1789 a situación da raíña é insostíbel. Corre o rumor de que Monsieur (futuro Lois XVIII) tería depositado na asemblea dos notábeis de 1787 un informe que probaba a ilexitimidade dos príncipes reais. O rumor menciona un retiro da raíña no Val-de-Grâce. O abade Soulavie, nas súas Memorias históricas e políticas do reinado de Lois XVI, escribe que se pensaba que María Antonieta se levaría con ela todas as maldicións do pobo e que a autoridade real sería, por este mesmo motivo, total e subitamente rexenerada e restaurada.

O 4 de maio de 1789 ábrense os Estados Xerais. Logo da misa de apertura sobe ao púlpito monseñor "De la Fare" que, con duras palabras, ataca a María Antonieta denunciando o luxo desfreado da Corte e dos que, aborrecidos deste luxo, procuran o pracer n' "unha imitación pueril da natureza" (contado por Adrien Duquesnoy no Journal sur l'Assamblée constituante), alusión evidente ao Pequeno Trianon.