Joan Capdevila Méndez, nado en Tàrrega (Lleida) o 3 de febreiro de 1978, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o FC Santa Coloma.

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria Produto da canteira do RCD Espanyol, debutou co RCD Espanyol B na tempada 1997–98. Ao ano seguinte debutou co Espanyol en Primeira División nun partido contra o Athletic Club (2–2). Na tempada 1999–00 foi contratado polo Atlético de Madrid.

Tras o descenso do Atlético de Madrid a Segunda División, Capdevila firmou co Deportivo da Coruña no verán de 2000. No club galego, ademais de ter un xogo regular e perfilarse como unha peza clave no equipo, gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

Na tempada 2007–08 firmou por tres anos co Villarreal CF, xogando practicamente tódolos partidos.

Selección nacional Capdevila debutou coa selección española o 16 de outubro de 2002, nun partido no que España empatou ante Paraguai (0–0), nun partido amigable disputado en Logroño (A Rioxa). O 17 de novembro de 2007 marcou o seu primeiro gol como internacional absoluto fronte a Suecia no Estadio Santiago Bernabéu.

Foi seleccionado polo técnico Luis Aragonés para disputar a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. O 29 de xuño de 2008, Capdevila proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008 ante a Selección de fútbol de Alemaña. Capdevila disputou os 90 minutos da final. En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións en Suráfrica.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica. Joan Capdevila, Iker Casillas e Gerard Piqué foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os minutos do Mundial de Suráfrica 2010.

Tamén xogou oito partidos internacionais amigables coa selección de Cataluña.

+ Goles internacionais # Data Lugar Rival Gol Resultado Competición 1. 17 de novembro de 2007 Estadio Santiago Bernabéu, Madrid, España Suecia 1–0 3–0 Clasificación para a Eurocopa 2008 2. 6 de febreiro de 2008 Estadio La Rosaleda, Málaga, España Francia 1–0 1–0 Amigable 3. 31 de maio de 2008 Estadio Nuevo Colombino, Huelva, España Perú 2–1 2–1 Amigable 4. 10 de setembro de 2008 Estadio Carlos Belmonte, Albacete, España Armenia 1–0 4–0 Clasificación para o Mundial 2010

Palmarés Persoal Deportivo Copa do Rei: 2001–02 Supercopa de España: 2000, 2002

Benfica Taça da Liga: 2011–12

Internacional Mundial de Fútbol: 2010. Eurocopa: 2008. Copa Confederacións: Terceiro posto en 2009. Xogos Olímpicos: Medalla de prata en 2000.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Tàrrega Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Lierse SK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial