Sacha Noam Baron Cohen, nado o 13 de outubro de 1971 en Londres, é un humorista e actor inglés.
Traxectoria Nado nunha familia xudía, Sacha é o cativo dos tres fillos de Gerald Baron Cohen e Daniella Weiser; o pai, galés, é descendente de xudeus lituanos, e a nai é de Israel. Estudou historia na Universidade de Cambridge, a súa tese versou sobre a participación dos xudeus no Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.
Sacha é un coñecido cómicos británico que interpreta personaxes ficticios, no programa de televisión Da Ali G Show, que efectúan falsas entrevistas a personalidades que cren que a entrevista é real. Os seus personaxes cómicos, satíricos e populares son Ali G (unha parodia dun branco de clase media que actúa como un negro dos arrabaldes), Borat (un reporteiro antisemita de Kazakhstán) e Brüno (un reporteiro homosexual austríaco de moda). Gañou un Globo de Ouro ó mellor actor pola súa actuación en Borat: Cultural Learnings of America for Make Benefit Glorious Nation of Kazakhstan, película co que se fixo coñecido internacionalmente.
Filmografía Ano Título Papel Notas 1995 Jack and Jeremy's Police 4 Vítima de execución Pump TV Presentador 1996 Punch Personaxe sen nome Curtamentraxe 1998 Live from the Lighthouse Ali G 1998–1999 The 11 O'Clock Show Guionista 2000 The Jolly Boys' Last Stand Vinnie Da Ali G Show Ali G / Borat Sagdiyev / Brüno 6 episodiosGuionista 2002 Ali G Indahouse Ali G/Borat Sagdiyev Guionista e produtor executivo 2003 Spyz James Bond (Ali G) CurtametraxeGuionista e produtor executivo 2003–2004 Da Ali G Show Ali G / Borat Sagdiyev / Brüno 12 episodiosGuionista e produtor executivo 2005 Curb Your Enthusiasm Guía de Larry Tempada 5, Episodio 10: "The End" Madagascar Rei Julien XIII Voz 2006 Talladega Nights: The Ballad of Ricky Bobby Jean Girard Night of Too Many Stars: An Overbooked Event for Autism Education Borat Sagdiyev Borat Guionista e produtor 2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Adolfo Pirelli 2008 Madagascar: Escape 2 Africa Rei Julien XIII Voz 2009 Brüno Brüno Guionista e produtor 2010 The Simpsons Jakob Tempada 21, Episodio 16: "The Greatest Story Ever D'ohed"Voz 2011 Hugo Inspector Gustav 2012 The Dictator Almirante Xeneral Shabazz Aladeen Guionista e produtor Madagascar 3: Europe's Most Wanted Rei Julien XIII Voz Les Misérables Thénardier 2014Mercury Freddie Mercury
Véxase tamén
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Humoristas de Inglaterra Categoría:Nados en Hammersmith e Fulham Categoría:Nados en 1971