miniatura|dereita|200px|Grans de pole variados, e aumentados.
A exina é a cuberta exterior dura dos grans de pole. Os debuxos da superficie dos grans formados pola exina son característicos de cada especie e adoitan ser usados como caracteres para a clasificación das plantas.
A principal substancia que forma a exina é a esporopolenina, un politerpeno impermeable resistente aos axentes químicos. A esporopolenina é moi resistente á descomposición podendo chegar a dar á exina unha duración de miles de anos.
Categoría:Termos botánicos