Pesqueiras é un lugar da parroquia de Pedrouzos no concello ourensán do Castro de Caldelas na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o INE e do IGE en 2011 tiña 26 habitantes (14 homes e 12 mulleres), tres menos ca no ano anterior, cando tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres).
Está situada ao pé da Serra do Burgo, no suroeste do municipio, lindando co concello de Montederramo. Dedicada tradicionalmente á gandería vacún, ten amplos prados verdes dedicados ao pasto do gando. Posúe dúas fontes. A carón da aldea está a capela da Virxe das Neves, na que se celebra a súa festa o 5 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Pedrouzos
Parroquias do Castro de Caldelas
Notas
Categoría:Lugares do Castro de Caldelas