Rai 1 é a primeira cadea de televisión da RAI, ademais de ser unha televisión pública xunto con Rai 2, Rai 3 e Rai 4. Emite unha programación xeneralista centrada na información e programas de entretemento. Naceu o 3 de xaneiro de 1954 como Programma Nazionale, en 1975 pasou a chamarse Rete 1 e en 1982 conseguiu o seu nome actual.

Historia

Rai Uno comezou en 1954 cunha función de servizo público e entretemento e non emitía publicidade salvo no programa Carosello, un programa con sketches con mesaxe publicitaria ó final. A cadea tivo durante os seus primeiros anos unha función de axuda á reconstrución do país, e pronto a televisión logrou gañar popularidade. Nos anos 70 a cadea sufriu a lottizzazione, na que repartiron as 3 cadeas en función de cada corrente política, tocando á Rai Uno unha influencia democristiá.

Nos anos 90 a situación cambiou coa consolidación da televisión privada, na que a RAI tivo que diversificar a oferta das súas canles, pasando a ser Rai Uno a cadea xeneralista principal. Hoxe compite directamente con Canal 5 de Mediaset polo liderado das audencias. O seu director é Fabrizio Del Noce dende 2002. A súa cota de pantalla é do 23,5%, sendo a canle líder de audencias no global.

Programas

Informativos

TG1 (Telediario Un) Porta a Porta Super Quark (programa sobre ciencia) Uno Mattina

Entretemento

Affari tuoi (Allá Tú) L'Eredità Passaggio a Nord Ovest Amango (En Conxunto con Canal 13 (Chile)

Eventos especiais

Mundial de fútbol Copa de Italia Festival de Sanremo Miss Italia Telefón (chamado "Telephon")

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web oficial

Categoría:Cadeas de televisión de Italia