William Harvey, nado en Folkestone o 1 de abril de 1578 e finado en Londres o 3 de xuño de 1657, foi un médico británico que describiu por primeira vez correctamente os detalles do sistema circulatorio do sangue ao ser bombeado por todo o corpo pola acción do corazón.

Estudou medicina na Universidade de Cambridge, onde, en 1602, se doutorou. Estudou entre 1597 e 1601 en Pádua con Fabricius). Exerceu clínica en Londres e foi médico do Hospital de San Bartolomeo, sendo, en 1609, nomeado profesor de anatomía e cirurxía no Colexio Real.150px|miniatura|William Harvey, pintado por Cornelius Jansen|esquerda

Os seus estudos inspiraron as ideas de René Descartes, que na súa "Descrición do Corpo Humano" dixo que as arterias e as veas eran canos que cargaban nutrientes polo corpo. Moitos cren que el descubriu e expandiu as técnicas de medicina musulmá, particularmente o traballo de Ibn Nafis, que lanzou os primeiros estudos sobre a maioría das veas e arterias no século XIII. A pesar da discusión que o seu descubrimento desencadeou, as súas ideas acabaron por ser aceptadas aínda durante a súa vida. Na época na que a discusión decorría, os seus defensores foran chamados polos opositores como «circulatores».

Son tamén notables os seus estudos sobre a xeración. Realizando traballos probados, emprega os animais do parque do rei, concluíndo que todo ser vivo provén dun ovo. Deixou todos os seus cargos en 1646, retirándose para o campo, rexeitando a presidencia do Colexio dos Médicos para que fose elixido en 1654.

Véxase tamén

Outros artigos Galeno

Categoría:Nados en 1578 Categoría:Finados en 1657 Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en Inglaterra