Anuanuraro é un atol situado en Tuamotu na Polinesia Francesa no subgrupo de Illas do Duque de Gloucester
Xeografía
Anuanuraro é un atol rectangular de 5,3 quilómetros de longo e 3,2 quilómetros no seu punto máis ancho a 2,2 km² de superficie terrestre e unha lagoa de 11 km². Atópase a 29 km ao sueste da Anuanurunga, o atol máis próximo, e administrativamente da Comuna de Hao.
Historia
A primeira notificación do atol foi feita por Philip Carteret en 1767. O atol pertenceu ó comerciante de perlas Robert Wan que construíu unha pequena pista de aterraxe en 1982. Foi comprado polo goberno da Polinesia Francesa en 2002.
Categoría:Atois de Tuamotu