Nicolas-Joseph Cugnot, nado en Void (Meuse), o 26 de febreiro de 1725Registre de l'état civil de la commune de Void, p. 162.Menciónase ás veces a data do 25 de setembro de 1725 de xeito erróneo, en certas obras, a partir de mediados do século XIX. e finado en París o 2 de outubro de 1804Le fardier de Cugnot descrición detallada na páxina da Société des Ingénieurs de l'Automobile (SIA), foi un inventor francés.

Traxectoria miniatura|O Fardier à vapeur de Cugnot, modelo de 1771. O goberno francés atribúelle a invención do primeiro vehículo autopropulsado, é dicir, do primeiro automóbil. Esta reclamación está disputada por varias fontes que suxiren en cambio que Ferdinand Verbiest, membro das misións xesuítas na China foi o primeiro en construír un coche a vapor por volta de 1672. En calquera caso, si parece que Cugnot ten sido o primeiro en transformar o movemento adiante-atrás dun pistón de vapor en movemento rotativo. Así, foi en 1769 cando conseguiu que funcionase unha versión do seu Fardier à vapeur, é dicir, o seu "Carro de vapor".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Cugnot en 3wheelers.com Réplica no Museo do automóbil de Tampa Bay Hybrid-Vehicle.org: The Steamers

Categoría:Inventores de Francia Categoría:Nados en 1725 Categoría:Finados en 1804