José Adelino Barceló de Carvalho, máis coñecido como Bonga ou Bonga Kwenda, nado en 1942 na provincia de Bengoé, é un cantante e compositor de Angola.
Traxectoria Bonga deixou Angola á idade de 23 anos para devir un atleta, acadando a plusmarca portuguesa de 400 metros, cando Angola era unha das colonias africanas baixo dominio portugués. Comezou coa súa carreira musical á idade aos 15 anos.
Bonga creou unha fusión entre a súa persoa e a música de Angola, tornándoas indisociábeis e tendo como maior estandarte o Semba, un ritmo tradicional angolano correspondente ao samba brasileiro, mais percursor deste. Así mesmo, interpretou xéneros musicais cabo-verdianos.
Bonga recibiu diversos recoñecementos e homenaxes no tocante á súa obra, incluíndo medallas e discos de ouro e de platino. Bonga ten manifestado moitas veces a súa solidariedade e altruísmo dando concertos de beneficencia para institucións como a MRAR, a Amnistía Internacional, FAO, ONU ou UNICEF. Alén diso, ten participado da loita contra o racismo dende a súa posición de músico, onde ten máis de 300 composicións da súa autoría, 32 álbums, 6 vídeo-clips e 7 bandas sonoras de filmes.
Discografía Álbums Angola 72 (1972) Angola 74 (1974) Raízes (1975) Angola 76 (1976) Racines (1978) Kandandu (1980 Kualuka Kuetu (1983) Marika (1984) Sentimento (1985) Massemba (1987) Reflexão (1988) Malembe Malembe (1989) Diaka (1990) Jingonça (1991) Pax Em Angola (1991) Gerações (1992) Mutamba (1993) Tropicalíssimo (1993) Traditional Angolan Music (1993) Fogo na Kanjica (1994) O Homem do Saco (1995) Preto e Branco (1996) Roça de Jindungo (1997) Dendém de Açúcar (1998) Falar de Assim (1999) Mulemba Xangola (2001) Kaxexe (2003) Maiorais (2004) Bairro (2009) Hora Kota (2011) Recados de Fora (2016)
Recompilacións Angola (1988) Paz em Angola (1991) Katendu (1993) 20 Sucessos de Ouro (1995) Best Of Bonga (2009)
Directos Swinga Swinga (1996) Bonga Live (2005)
Véxase tamén Ligazóns externas Bonga e a música de Angola "Mariquinha vem comigo para Angola", vídeo en Youtube.
Categoría:Músicos de Angola Categoría:Nados na provincia de Bengo Categoría:Nados en 1943