Christian Ulf Wilhelmsson, nado en Malmö o 8 de decembro de 1979, é un futbolista sueco. Xoga de volante e o seu equipo actual é o Mjällby AIF.

Traxectoria No mercado de inverno da tempada 2007–08 foi cedido ao Deportivo da Coruña,"El Dépor cierra la cesión del internacional sueco Christian Wilhelmsson" onde participou en 15 partidos e anotou un gol, sendo o seu papel foi decisivo na boa racha de resultados do club galego na segunda volta do campionato. Debutou na Liga española o 9 de febreiro de 2008, no partido da xornada 23 que enfrontou ao Deportivo co Getafe CF en Riazor e que acabou con empate (1–1). O seu único gol co club galego conseguiuno o 1 de marzo ante o Sevilla FC en Riazor, con vitoria local (2–1).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Malmö Categoría:Futbolistas de Suecia Categoría:Xogadores do RSC Anderlecht Categoría:Xogadores do FC Nantes Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Bolton Wanderers FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Al-Hilal Categoría:Xogadores do Los Angeles Galaxy Categoría:Xogadores do Mjällby AIF Categoría:Xogadores do Stabæk Fotball Categoría:Xogadores do Al-Ahly SC Categoría:Xogadores do Baniyas SC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Suecia