Aleksandr Sergeevich Pushkin, (en ), coñecido como Aleksandr Pushkin (ás veces transcrito ao galego como Alexander ou Alexandre Puxquin), nado en Moscova o 26 de maio de 1799 e finado en San Petersburgo o 29 de xaneiro de 1837, foi un poeta, dramaturgo e novelista ruso,da era do romanticismoBasker, Michael. Pushkin and Romanticism. In Ferber, Michael, ed., A Companion to European Romanticism. Oxford: Blackwell, 2005. É considerado por moitos como o máis grande poeta rusoAllan Reid, "Russia's Greatest Poet/Scoundrel". Consultado o 30 de xullo do 2023."Pushkin fever sweeps Russia". BBC News, 5 de xuño de 1999. Consultado o 30 de xullo do 2023.."Biographer wins rich book price". BBC News, 10 June 2003. Consultado o 30 de xullo do 2023. e o fundador da literatura rusa moderna.Biography of Pushkin at the Russian Literary Institute "Pushkin House" . Consultado o 30 de xullo do 2023.Maxim Gorky, "Pushkin, An Appraisal". Consultado o 30 de xullo do 2023.
Pushkin naceu na nobreza rusa en Moscova. O seu pai, Serguéi Lvovich Pushkin, pertencía a unha antiga familia nobre. O seu bisavó materno era o xeneral de división Abram Petrovich Gannibal, un nobre de orixe africana que foi secuestrado da súa patria polos otománs. Foi liberado polo Emperador ruso e criado na casa da corte do Emperador como o seu afillado.
Publicou o seu primeiro poema á idade de 15 anos, e xa era amplamente recoñecido pola clase literaria cando se graduó no Liceo de Tsárskoye Selo. Ao graduarse no liceo, Pushkin recitou o seu polémico poema "Oda á liberdade", un dos varios que lle levaron ao exilio polo emperador Alexandre I. Mentres se atopaba baixo a estrita vixilancia da policía política do emperador e non podía publicar, Pushkin escribiu a súa obra de teatro máis famosa, Borís Godunov. A súa novela en verso Yevgueni Oneguin publicouse por entregas entre 1825 e 1832. Pushkin foi ferido mortalmente nun duelo co suposto amante da súa esposa e marido da irmá desta, Georges-Charles de Heeckeren d'Anthès, tamén coñecido como Dantes-Gekkern, oficial francés ao servizo do rexemento da garda de cabaleiros.
Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e sátira, que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como Gogol, Dostoievski, Tolstoi, e Tiútchev, así como nos compositores rusos Chaikovskii e Musorgskii.
Traxectoria Ascendencia Era fillo de Sergei Pushkin, descendente dunha das máis antigas familias da aristocracia rusa, cuxa historia se remonta ao século XII.Н.К. Телетова [N.K. Teletova] (2007). A nai de Pushkin, Nadezhda (Nadya) Ossipovna Gannibal (1775-1836), descendía a través da súa avoa paterna da nobreza alemá e da escandinava. Era filla de Ossip Abramovich Gannibal (1744-1807) e da súa esposa, Maria Alekseyevna Pushkina (1745-1818).
O pai de Ossip Abramovich Gannibal, bisavó de Pushkin, era Abram Petrovich Gannibal (1696-1781), un paxe africano secuestrado en Constantinopla como agasallo para o sultán otomán e trasladado posteriormente a Rusia como obsequio para Pedro o Grande. Abram escribiu nunha carta á emperatriz Isabel, filla de Pedro o Grande, que Gannibal era da cidade de "Lagon". Baseándose en gran parte nunha biografía mítica do xenro de Gannibal, Rotkirkh, algúns historiadores chegaron á conclusión de que Gannibal nacera nun pobo chamado Geza-Lamza na provincia Seraye do reino Mdre Bahri na actual Eritrea.
Vladimir Nabokov, ao investigar a novela Yevgueni Oneguin, puxo seriamente en dúbida esta teoría da orixe. As investigacións posteriores dos eruditos Dieudonné Gnammankou e Hugh Barnes acabaron por establecer de forma concluínte que Gannibal naceu en África Central, nunha zona ribeirega do lago Chad, no actual Camerún. Tras formarse en Francia como enxeñeiro militar, Gannibal chegou a ser gobernador de Reval e finalmente xénéral en xefe (o terceiro rango máis alto do exército) a cargo da construción de fortes marítimos e canles en Rusia.
Primeiros anos
Nado en Moscova, Pushkin foi confiado a aias e titores franceses, e falou principalmente francés ata os dez anos. Familiarizouse coa lingua rusa a través da comunicación cos servos da casa e da súa aia, Arina Rodionovna, á que quería moito e á que estaba máis unido que á súa propia nai.
A súa avoa materna inculcoulle dende pequeno o seu amor polos contos e a poesía popular rusa, en contraste co feito de que, como era habitual na aristocracia rusa, o idioma de uso cotián na súa familia era o francés. En consonancia, recibiu tamén dende moi novo unha ampla educación literaria baseada na literatura e lingua francesas. Lector incansable desde temperá idade, causaba asombro a súa facilidade para improvisar imitacións dos seus mestres, os franceses Molière, Voltaire e Evariste Parny, e os ingleses Byron e Shakespeare.
miniatura|upright|Pushkin recita o seu poema ante Gavrila Derzhavin durante un exame no Liceo de Tsárskoye Selo o 8 de xaneiro de 1815. Pintura de Ilia Repin (1911) Xa no ano 1814 conseguiu publicar un texto na revista Le Messager de l’Europe, a epístola K drugu stijotvortzu (Ao amigo poeta). Esta gran paixón pola literatura fixo que se desleixase un pouco dos estudos, centrándose na lectura compulsiva da biblioteca de seu pai, de máis de 3000 exemplares.
Ao mesmo tempo, a casa paterna era escenario de faladoiros literarios, aos que acudían autores como Karamzin, Batiushkov ou Dmitriev, ao igual que o seu tío, o poeta Vasilii Lvovich Pushkin, que sería un dos grandes apoios de Aleksandr ao longo da súa carreira literaria.
Realizou os seus estudos entre 1811 e 1817 no Liceo Imperial de Tsarskoe Selo, preto de San Petersburgo, que co tempo pasaría a chamarse Liceo Pushkin na súa honra. Nesta época comezou a escribir o seu primeiro poema longo, Ruslán e Liudmila, publicado en 1820, co que rompeu coa liña poética oficial botando por terra os canons poéticos do neoclasicismo, desconcertando aos poetas oficiais e obtendo un gran triunfo entre os lectores. Un por un os poetas veteranos foron declarando a súa admiración: Derzhavin, Zhukovski...
Activismo social e político Tras rematar a súa formación académica instalouse na capital, San Petersburgo, entrando a formar parte da vibrante e áspera cultura da mocidade intelectual da capital, onde o seu talento xa era amplamente recoñecido. En 1820 entrou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores, onde pouco a pouco se foi involucrando nos movementos de reforma social, escribindo algúns poemas sediciosos como a Oda á liberdade, que estivo a piques de custarlle o desterro a Siberia. En troques, acabou desterrado en Ekaterinoslav (actual Dnipro) ao servizo do xeneral Inzov.
Na cidade ucraína enfermou de febres, polo que foi acollido pola familia do xeneral Nikolai Raevskii, coa que viaxou entre 1820 e 1821 polo Cáucaso e Crimea. As paisaxes e xentes do Cáucaso impresionaron ao poeta; alí compuxo o poema romántico Kavkazskiy plennik (O prisioneiro do Cáucaso, entre 1820 e 1821. Este último ano, e sempre ao servizo de Ínzov, trasladouse a Chișinău, capital de Besarabia, permanecendo alí de 1820 a 1823; alí escribiu os poemas Gavriiliada (A saga de Gabriel), 1821, Bratya razboyniki (Os irmáns bandoleiros), 1822, inspirado en Schiller, Bakhchisaraysky fontan (A fonte de Bajchi Sarai), 1823, ambientado no último Khanato de Crimea, e as poesías A daga, A guerra e Eleutheria. Tamén neses lugares iniciou, en maio de 1823, a súa obra cume, a novela en verso Yevgeny Onegin. En Chişinăou ingresou na loxa masónica Ovidio, pero a súa vida disoluta, as esmorgas, correrías, amoríos, a paixón polos naipes e o xogo, dous duelos e a súa convivencia durante dous meses cunha tribo de xitanos esgotaron a paciencia de Ínzov e Pushkin foi enviado a Odesa ás ordes do xeneral Mijaíl Vorontsov.
Alí entrou de novo en conflito co goberno. A disciplina militar non se avenía co carácter do poeta e empezou a galantear á filla do xeneral. Parece que a ela non lle desagradaba, pero un maxistral epigrama sobre o carácter do xeneral Voronstov motivou o desterro e arresto domiciliario de Pushkin na leira do seu pai, Mijáilovskoye, provincia de Pskov, de 1824 a 1826. Despediuse de Odesa co seu poema Ao mar, de 1824.
En Mijáilovskoye, aldea do Óblast de Pskov, tras a reprimenda paterna e acollido pola súa amada aia, Arina Rodiónovna, Pushkin compuxo seis capítulos de Yevgeny Onegin, o drama histórico Borís Godunov 1825 sobre a traxedia do tsar Boris Godunov, o poema Graf Nulin (O conde Nulin), publicado en 1825 e o poema Tsygany (Os xitanos), publicado en 1827.
Entón estalou a rebelión dos decembristas, e o duro castigo inflixido aos seus membros, case todos poetas e amigos de Pushkin, afectoulle profundamente. Estes eran os chamados poetas decembristas ou pléiade decembrista, un grupo de poetas románticos xurdidos á sombra da sublevación do 14 de decembro de 1825, instigada pola ilegal Sociedade do Norte constituída en San Petersburgo entre 1821 e 1825; de orixe aristocrática, partícipes ou simpatizantes do movemento dos decembristas, a maioría sufriron traballos forzados ou deportación a Siberia; foron vates das liberdades individuais e cívicas na poesía rusa do Romanticismo, como Kondrati Ryléyev, Wilhelm Küchelbecker, Aleksandr Odóyevski, Vladímir Rayevski, Aleksandr Bestúzhev, etcétera.
Con todo, permitíuselle visitar o tsar Nicolao I para expoñer unha petición de liberación, que conseguiu e, aínda que aparentemente Pushkin non participara na rebelión de decembro de 1825 en San Petersburgo, algúns dos insurxentes tiñan entre os seus papeis os seus primeiros poemas políticos, polo que pronto se viu baixo un estrito control por parte dos censores do goberno e impedíuselle viaxar e publicar libremente. A obra que se convertería na máis famosa da súa carreira, o drama Borís Godunov, escrita mentres residía na facenda materna, non obtivo o permiso de publicación ata cinco anos despois.
Madurez esquerda|miniatura|upright|A amante casada de Pushkin Anna Petrovna Kern, para quen probablemente escribiu o poema de amor máis famoso en ruso. Á morte do tsar Alexandre I sucédelle Nicolao I, que toma baixo a súa protección ao escritor permitíndolle regresar a Moscova. En 1826 regresou a Moscova e en 1829 foi recibido polo tsar Nicolao I, quen decidiu persoalmente ser o censor das obras de Pushkin. Para entón os seus escritos editábanse en tiradas enormes e o poeta cobraba uns honorarios moi substanciosos, chegándoselle a pagar 10 rublos por cada estrofa de Yevgueni Oneguin, suma realmente fabulosa. En 1829 regresou ao seu querido Cáucaso e recolleu as súas impresións en Puteshestvie v Arzrum (Viaxe a Arzerum) 1835. Desa época data Poltava (1828-1829), poema dedicado a enxalzar a gloria de Pedro o Grande na batalla de Poltava. Escribe entón Os relatos de Belkin (Повести покойного Ивана Петровича Белкина - Póvesty pokóynogo Ivana Petróvicha Bélkina) (1830) que describen a vida rusa.
Ao volver a Moscova en 1830 coñeceu a Natalia Goncharova, unha das mulleres máis belas da súa época. Retirouse á leira paterna en Bóldino, provincia de Nizhnii Novgorod. Bóldino foi un período máxico na súa obra —durante o outono de Bóldino escribiu a Istoriya sela Goryuhina (Historia da aldea Goriújino), precedente da sátira de Saltykov-Shchedrín, e As pequenas traxedias— Mozart e Salieri, O cabaleiro avaro, O convidado de pedra (versión do tema de Don Juan), Banquete durante a peste e A casiña en Kolomna en prosa. Outros oito capítulos de Yevgueni Oneguin e numerosas poesías líricas. casou con Natalia Goncharova en 1831 tras ser rexeitado unha primeira vez, en 1830. Ingresa o mesmo ano da súa voda, 1831, na Chancilería de Asuntos Exteriores cun soldo especial de 5000 rublos.