Vahanga ou VAEG é un atol do Grupo Acteón no arquipélago de Tuamotu na Polinesia Francesa.
Xeografía
O atol Vahanga é un atol circular de 3,8 km², cunha lagoa de 12,6 km², situado a 9 km ao oeste de Tenarunga. Está deshabitado.
O atol ten unha pequena pista de aterraxe.
Historia
En 2007, un proxecto ecolóxico realizado pola Universidade de Auckland e a Sociedade Ornitolóxica da Polinesia dirixiuse á erradicación de ratas das especies do Pacífico Rattus exulans, que colonizaron atol, e de restablecer o equilibrio biolóxico natural de diferentes aves ameazadas.
Categoría:Atois de Tuamotu