Sergio Daniel "Manteca" Martínez Alzuri, nado en Montevideo o 15 de febreiro de 1969, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba de dianteiro e especialmente relevante foi a súa estadía no Boca Juniors, onde foi ídolo e marcou 87 goles. Foi internacional coa selección uruguaia.

Traxectoria Debutou no Defensor Sporting do Uruguai o 16 de outubro de 1986 contra o Central Español (1–1). Neste club foi onde tamén onde se formou nas categorías inferiores e actuou como profesional durante catro anos (1986-1990). A continuación pasou ao CA Peñarol, tamén do Uruguai, onde marcou 20 tantos, até que chegou a Boca Juniors (Arxentina) en 1992, onde anotou 87 goles (sétimo goleador na historia do club) e se consagrou campión nun campionato local e unha Copa Suramericana. Continuou a súa carreira en España xogando para o Deportivo da Coruña desde 1998. Até que pasou ao Nacional de Montevideo no 2000, onde xogou até o seu retiro profesional en 2001, gañando os títulos de Primeira División en ambas tempadas.

Selección nacional Martínez xogou 35 partidos coa Selección uruguaia e marcou 5 goles.Detalle estatístico da Selección do Uruguai Foi campión da Copa América en 1995 en cuxa final marcou o gol decisivo na definición por penaltis fronte ó Brasil. Tamén participou na Copa do Mundo de Italia 90.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai