Carlos Negreira Souto, nado no Río de Xaneiro o 16 de xullo de 1960, é un político galego militante do PPdeG.
Traxectoria Está licenciado en Dereito pola USC. Foi deputado no parlamento de Galiza en diferentes lexislaturas, sempre baixo as siglas do PPdeG. Ten traballado ocupando distintos cargos en áreas de goberno como a Consellaría de Economía e Facenda, entre os anos 1988 e 1992, a Consellaría de Sanidade no período que vai de 1992 a 1996 ou, fóra destas, tamén como director de Recursos Humanos de Aena, en 1999. Ostentou así mesmo un cargo de responsabilidade en Correos, amais de ter sido presidente de Portos de Galicia.
Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2005, foi elixido deputado autonómico para a 7.ª lexislatura (2005–2009).
Desde 2007 ocúpase da presidencia provincial do PPdeG pola provincia da Coruña e foi voceiro parlamentario do seu grupo no concello da cidade homónima. Nas eleccións municipais de 2011 o seu partido gañou a alcaldía da Coruña, cidade a onde Negreira se presentaba como candidatoCarlos Negreira ya es alcalde de A Coruña, nova en La Opinión o 11 de xuño de 2011 ..
En 2009 foi investigado polo Tribunal de Contas por corrupción dentro do caso Gürtel "El candidato del PP en A Coruña benefició a una empresa implicada ahora en la trama de espionaje" , Cadena Ser, 13 de febreiro de 2009 ., pola súa suposta relación con Pablo Crespo, un dos principais imputados neste caso."Carlos Negreira non é quen de se arredar da trama de corrupción do PP" Vieiros, 11 de febreiro de 2009 Así mesmo, en relación coa Operación Pokémon a xuíza De Lara, afirmou que, a raíz de informacións derivadas de conversas telefónicas, o alcalde Negreira, dende a súa chegada ao cargo en xuño de 2011, así como persoas da súa confianza ou próximas ao novo goberno local foron colocados en postos do grupo empresarial Vendex, epicentro da trama delituosa.La juez acusa a Negreira de estar al tanto de los enchufes en Vendex, nova en El País o 16 de marzo de 2015 . Pola súa banda, Carlos Negreira sempre negou calquera trato de favor ao respectoCarlos Negreira niega "trato de favor" a Vendex en A Coruña en estos dos años, nova en El Diario o 4 de febreiro de 2014 ..
En 2013 a corporación local coruñesa liderada por Negreira foi condenada polo xulgado contencioso-administrativo nº 3 desa cidade por lle impedir a un edil do BNG o acceso á información pública relacionada coas auditorías técnica e medioambiental da planta de tratamento de residuos de NostiánA xustiza condena o Concello da Coruña por vulnerar os dereitos fundamentais dun edil do BNG , nova en Sermos Galiza o 19 de novembro de 2013..
Por outra banda, os seus adversarios políticos acusárono de representar a extrema dereita galega"Negreiro o Teimudo", artigo de Anxo Guerreiro en El País, 9 de setembro de 2009., despois de manifestacións de exaltacións de figuras como Millán Astray"Millán Astray é un coruñés de proveito", Vieiros 11 de setembro de 2009. ou as súas declaracións contra o topónimo A Coruña, que insistía en castelanizar."Carlos Negreira insiste no ‘L’ de 'A Coruña'" , El Correo Gallego, 5 de setembro de 2009.
Após as eleccións municipais de 2015 en Galicia, cando o PPdeG perdeu a maioría absoluta que ostentaba, ten que deixar o seu cargo de alcalde tras apoiar PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego a candidatura da Marea Atlántica como segunda forza máis votada, situando a Xulio Ferreiro á fronte da corporación municipal coruñesa.
O 5 de febreiro de 2016 formalizou a súa renuncia á acta de concelleiro (que anunciara días antes), e que resultou efectiva tras o pleno municipal do 11 de febreiro."Carlos Negreira formaliza su dimisión como concejal""Orde do día Pleno 11-02-2016 - Concello da Coruña" Un mes máis tarde sería relevado na presidencia provincial do PPdeG por Diego Calvo.
EN 2016, axentes da UDEF requisaron contratos municipais a raíz dunha investigación por tráfico de influencias relacionada coa adxudicación de servizos bibliotecarios á empresa Eulen polo Consistorio coruñés durante o mandato de Negreira.El juez investiga un contrato de 2,3 millones del PP a Eulen en A Coruña, nova en El Pais o 9 de marzo de 2016 .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais na Coruña
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2007-2011 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2011-2015 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019