miniatura|dereita|300px O Campionato mundial de snooker ou World Snooker Championship é unha competición de snooker que reúne os 16 mellores clasificados da Clasificación Mundial e outros 16 xogadores. O torneo celébrase todos os anos desde 1927 e actualmente ten lugar no Crucible Theatre de Sheffield (Inglaterra). O actual campión (2021) é o inglés Mark Selby.
Historia O primeiro campionato mundial foi organizado en 1927 por Joe Davis. Os partidos celebráronse en diversos lugares, e a final tivo lugar no Salón de Camkin, en Birmingham. O campionato foi gañado por Joe Davis, superando a Tom Dennis 20-11. O mellor break foi de 60 por Albert Cope.
Nos anos seguintes o campionato irase celebrando en diversos lugares. A pesar dun aumento no interese no snooker só houbo dous participantes para o campionato profesional de 1931. O evento foi organizado na trastenda dun pub de Nottingham, propiedade de Tom Dennis. O feito de que estaba xogando na súa propia mesa non axudou e Joe Davis gañou por 25-21 e acadou a súa quinta vitoria consecutiva. Joe Davis gañou ano a ano ata 1940, cando comezou a Segunda guerra mundial e durante a cal non houbo campionato. Retomado o torneo en 1946, Davis gañouno por 15 e última vez, e non volveu a participar no campionato do mundo aínda que continuou xogando como xogador profesional.
Walter Donaldson gañou en 1947, pero foi Fred Davis quen dominou os seguintes anos, ao gañar tres veces en 1948, 1949 e 1951.
De 1953 a 1963 non se celebrou o campionato. En 1964 o torneo reviviu cun formato de desafío a un único partido, un formato que durou ata 1968. Isto significaba que os partidos se levaban a cabo de forma irregular, ás veces máis dunha vez ao ano. John Pulman foi o dominador durante este período, e superou a todos os rivais sete veces en cinco anos.
O campionato volveu de novo a ser un torneo de eliminatorias en 1969. Ese ano foi gañado por John Spencer, pero foi Ray Reardon o que ía dominar nos seguintes anos, ao gañar seis veces entre 1970 e 1978.
1976 foi o primeiro ano no que ocampionato foi patrocinado pola marca de cigarros Embassy. Ao ano seguinte, o evento trasladouse ao Crucible Theatre de Sheffield no Reino Unido, e a BBC comezou a prestar maior cobertura de televisión. O Crucible (Crisol) ofrece un ambiente único para o torneo, tanto para os espectadores como para os espectadores de televisión. Ten unha capacidade de menos dun milleiro de persoas, coa primeira fila de asentos só a uns poucos metros dos xogadores. Co tempo empezou a atraer unhas audiencias de televisión moi grandes, e para a maioría dos afeccionados o Crucible é sinónimo de snooker. Os xogadores de maior éxito no Crucible foron Steve Davis, quen gañou seis veces na década de 1980, e Stephen Hendry, quen gañou sete veces na década de 1990. Recentemente, o torneo foi máis aberto, con seis xogadores diferentes gañando na década do 2000. A máis famosa final ocorreu en 1985, cando Dennis Taylor bateu a Steve Davis 18-17 nun dos partidos máis rifados de todos os tempos.
O 27 de abril de 2009 confirmouse que o Campionato do Mundo quedaría no Crucible polo menos outros cinco anos (ata 2016).
Palmarés
Joe Davis ten a marca de maior número de campionatos: 15. O primeiro break máximo foi alcanzado por Cliff Thorburn en 1983. Ronnie O'Sullivan é o único xogador que conseguiu tres break máximos, é tamén o único en facer un break máximo e perder ese partido (contra Marco Fu en 2003). Só catro gañadores non proceden do Reino Unido; (Horacio Lindrum e Neil Robertson Australia), Cliff Thorburn (Canadá) e Ken Doherty (Irlanda). O campión máis novo é Stephen Hendry; tiña 21 anos en 1991. O único que perdeu un partido sen gañar un só xogo foi Eddie Charlton que perdeu 10-0 contra John Parrot en 1992.
Lista de gañadores e finalistas
Ano Vencedor Finalista Resultado Tempada 1927 Joe Davis Tom Dennis 20 - 11 n/a 1928 Joe Davis Fred Lawrence 16 - 13 n/a 1929 Joe Davis Tom Dennis 19 - 14 n/a 1930 Joe Davis Tom Dennis 25 - 12 n/a 1931 Joe Davis Tom Dennis 25 - 21 n/a 1932 Joe Davis 20px Clark McConachy 30 - 19 n/a 1933 Joe Davis Willie Smith 25 - 18 n/a 1934 Joe Davis Tom Newman 25 - 23 n/a 1935 Joe Davis Willie Smith 25 - 20 n/a 1936 Joe Davis Horace Lindrum 34 - 27 n/a 1937 Joe Davis Horace Lindrum 32 - 29 n/a 1938 Joe Davis Sidney Smith 37 - 24 n/a 1939 Joe Davis Sidney Smith 43 - 30 n/a 1940 Joe Davis Fred Davis 37 - 36 n/a 1941 - 1945 interrupción 1946 Joe Davis Horace Lindrum 78 - 67 n/a 1947 20px Walter Donaldson Fred Davis 82 - 63 n/a 1948 Fred Davis 20px Walter Donaldson 84 - 61 n/a 1949 Fred Davis 20px Walter Donaldson 80 - 65 n/a 1950 20px Walter Donaldson Fred Davis 51 - 46 n/a 1951 Fred Davis 20px Walter Donaldson 58 - 39 n/a 1952 Horace Lindrum 20px Clark McConachy 94 - 49 n/a Challenge Matches 1964« John Pulman Fred Davis 19 - 16 n/a 1964 John Pulman Rex Williams 40 - 33 n/a 1965 John Pulman Fred Davis 37 - 36 n/a 1965 John Pulman Rex Williams 25 - 22 n/a 1965 John Pulman 20px Fred Van Rensburg 39 - 12 n/a 1966 John Pulman Fred Davis 5 - 2 n/a 1968 John Pulman Eddie Charlton 39 - 34 n/a Era pré-Crucible 1969 John Spencer 20px Gary Owen 37 - 24 n/a 1970 20px Ray Reardon John Pulman 37 - 33 n/a 1971 John Spencer Warren Simpson 37 - 29 n/a 1972 Alex Higgins John Spencer 37 - 32 n/a 1973 20px Ray Reardon Eddie Charlton 38 - 32 n/a 1974 20px Ray Reardon Graham Miles 22 - 12 1973/74 1975 20px Ray Reardon Eddie Charlton 31 - 30 1974/75 1976 20px Ray Reardon Alex Higgins 27 - 16 1975/76 Crucible Theatre 1977 John Spencer Cliff Thorburn 25 - 21 1976/77 1978 20px Ray Reardon 20px Perrie Mans 25 - 18 1977/78 1979 20px Terry Griffiths Dennis Taylor 24 - 16 1978/79 1980 Cliff Thorburn Alex Higgins 18 - 16 1979/80 1981 Steve Davis 20px Doug Mountjoy 18 - 12 1980/81 1982 Alex Higgins 20px Ray Reardon 18 - 15 1981/82 1983 Steve Davis Cliff Thorburn 18 - 6 1982/83 1984 Steve Davis Jimmy White 18 - 16 1983/84 1985 Dennis Taylor Steve Davis 18 - 17 1984/85 1986 Joe Johnson Steve Davis 18 - 12 1985/86 1987 Steve Davis Joe Johnson 18 - 14 1986/87 1988 Steve Davis 20px Terry Griffiths 18 - 11 1987/88 1989 Steve Davis John Parrott 18 - 3 1988/89 1990 20px Stephen Hendry Jimmy White 18 - 12 1989/90 1991 John Parrott Jimmy White 18 - 11 1990/91 1992 20px Stephen Hendry Jimmy White 18 - 14 1991/92 1993 20px Stephen Hendry Jimmy White 18 - 5 1992/93 1994 20px Stephen Hendry Jimmy White 18 - 17 1993/94 1995 20px Stephen Hendry Nigel Bond 18 - 9 1994/951996 20px Stephen Hendry Peter Ebdon 18 - 12 1995/96 1997 Ken Doherty 20px Stephen Hendry 18 - 12 1996/97 1998 20px John Higgins Ken Doherty 18 - 12 1997/98 1999 20px Stephen Hendry 20px Mark J. Williams 18 - 11 1998/99 2000 20px Mark J. Williams 20px Matthew Stevens 18 - 16 1999/00 2001 Ronnie O'Sullivan 20px John Higgins 18 - 14 2000/01 2002 Peter Ebdon 20px Stephen Hendry 18 - 17 2001/02 2003 20px Mark J. Williams Ken Doherty 18 - 16 2002/03 2004 Ronnie O'Sullivan 20px Graeme Dott 18 - 8 2003/04 2005 Shaun Murphy 20px Matthew Stevens 18 - 16 2004/05 2006 20px Graeme Dott Peter Ebdon 18 - 14 2005/06 2007 20px John Higgins Mark Selby 18 - 13 2006/07 2008 Ronnie O'Sullivan Allister Carter 18 - 8 2007/08 2009 20px John Higgins Shaun Murphy 18 - 9 2008/09 2010 Neil Robertson 20px Graeme Dott 18 - 13 2009/10 2011 20px John Higgins Judd Trump 18 - 15 2010/11 2012 Ronnie O'Sullivan Allister Carter 18 - 11 2011/12 2013 Ronnie O'Sullivan Barry Hawkins 18 - 12 2012/13 2014 Mark Selby Ronnie O'Sullivan 18 - 14 2013/14 2015 Stuart Bingham Shaun Murphy 18 - 15 2014/15 2016 Mark Selby Ding Junhui 18 - 14 2015/16 2017 Mark Selby John Higgins 18 - 15 2016/17 2018 20px Mark J. Williams John Higgins 18 - 16 2017/18 2019 Judd Trump John Higgins 18 - 9 2018/19 2020 Ronnie O'Sullivan Kyren Wilson 18 - 8 2019/20 2021 Mark Selby Shaun Murphy 18 - 15 2020/21 2022 Ronnie O'Sullivan Judd Trump 18 - 13 2021/22 2023 Luca Brecel Mark Seby 18 - 15 2022/23 2024 Kyren Wilson Jak Jones 18 - 14 2023/24
Véxase tamén Ligazóns externas Worldsnooker.com
Categoría:Billar