Dirty Dancing é unha longametraxe de xénero romántico con números de baile. Estreouse en 1987 e está escrita por Eleanor Bergstein e dirixida por Emile Ardolino. Acadou un importante éxito comercial e considerase un clásico da década dos oitenta. O intérprete masculino do filme é Patrick Swayze. Estreouse en galego na TVG o 7 de maio de 2011.

Sinopse

Johnny Castle é un profesor de baile con certa experiencia profesional. Baby Houseman, pola súa banda, é unha idealista e inocente moza. Durante a estadía de Baby no hotel de montaña no cal Johnny traballa polo verán como bailarín e profesor, coñécense.

Dende a primeira vez que Baby ve a Johnny, sente atracción por el a pesar das diferenzas entre os dous. Paseniñamente diversas situacións e a intención de Baby de axudar a Johnny e maila súa compañeira de baile fan que os dous se acheguen cada vez máis un ao outro. O baile axuda a crear unha atmosfera de complicidade.

Personaxes Patrick Swayze como Johnny Castle Jennifer Grey como Frances "Baby" Houseman Jerry Orbach como Dr. Jake Houseman Kelly Bishop como Marjorie Houseman Jane Brucker como Lisa Houseman Cynthia Rhodes como Penny Johnson Jack Weston como Max Kellerman Max Cantor como Robbie Gould Lonny Price como Neil Kellerman Charles Coles como Tito Suarez Neal Jones como Billy Kostecki

Premios 1987: Oscar á mellor canción orixinal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Virxinia Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes ambientados en 1963 Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego