O Consello federal (en idioma alemán Der Bundesrat, en francés Le Conseil Fédéral, en italiano Il Consiglio Federale, e en romanche Il Cussegl Federal) é o órgano executivo de Suíza. Está formado por sete membros chamados conselleiros federais que son elixidos separadamente por un período de 4 anos con posibilidade de reelección. Tradicionalmente, un conselleiro federal é facilmente reelixido ata a súa dimisión. Os casos de non reelección son extremadamente raros (4). Ás veces estes prefiren renunciar se non están seguros de ser reelixidos. O Consello federal reúnese no parlamento suízo na capital do país en Bernaminiatura|O Interior do Palacio Federal, onde se reúne o Consello Federal.|esquerda|243x243px
O Consello federal funciona co sistema de colexialidade, o que significa que todos os seus membros están « obrigados » a defender as opinións do Consello federal, ou sexa as decisións tomadas pola maioría no caso de desacordo. O presidente da Confederación ten a función de representante do país, porén, este non ten máis poder cós demais membros do consello; O presidente mailo seu sucesor, o vicepresidente, son escollidos pola Asemblea federal por un mandato dun ano, a tradición pide que os partidos se turnen e que os conselleiros máis antigos teñan a prioridade, é dicir que un conselleiro elixido este ano non pode ser presidente ata que os máis antigos do consello pasen polo menos unha vez pola presidencia.
De 1959 a 2003, a composición dos partidos no seo do consello federal non chegou a mudar nin unha soa vez, o que foi chamado a fórmula máxica. O 10 de decembro de 2003, a fórmula máxica foi modificada posto que a paisaxe política do país pedíao. O PDC debía ceder un posto á UDC. Foi entón cando a conselleira federal saínte Ruth Metzler-Arnold non foi reelixida; un mes antes de comezar o seu mandato presidencial, o que a colocaría como a segunda muller en subir á presidencia e a persoa máis nova en alcanzar a presidencia suíza (40 anos).
O chanceler da Confederación é a miúdo chamado "o oitavo conselleiro federal" e aparece na foto de familia do Consello de cada ano. O actual chanceler é Walter Thurnherr, que ocupa o cargo dende o 1 de xaneiro de 2016. As súas funcións equivalen ás dun secretario xeral dun goberno.
Actualmente atopamos no consello federal: Dous membros do Partido Socialista Suízo (PSS), Dous membros da Unión Democrática do Centro (UDC), Dous membros do Partido Liberal Radical Suízo (PLR). Un membro do Partido Democráta Cristián (PDC).
Composición actual e partidos políticos, por orde de antigüidade:
Ueli Maurer (UDC). Simonetta Sommaruga (PSS). Alain Berset (PSS). Guy Parmelin (UDC). Ignazio Cassis (PLR). Viola Amherd (PDC). Karin Keller-Sutter (PLR). miniatura|Consello Federal de Suíza (2018).|centro|300x300px Véxase tamén Lista de conselleiros federais de Suíza Lista de presidentes da Confederación Suíza
Categoría:Política de Suíza