Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego en lingua castelá, neto do pintor Dionisio Fierros.
Traxectoria Formación e primeiras publicacións Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. No 1938 era Delegado local de Propaganda de FET y de las JONS en Ribadeo.¡Arriba España! La Comarca del Eo, 15 de maio de 1938 Posteriormente rematou Filosofía e LetrasConferencia inaugural do curso 2014-2015 no IES de Ribadeo, impartida por Antonio Deaño. en 1941 na Universidade de Valladolid. No medio, xa no 1939, foi profesor axudante de literatura no Instituto de Lugo.
Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.
A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, impulsor, profesor e primeiro director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.
Mundo académico Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servizo de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.Membros correspondentes Real Academia Galega. Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro correspondente da Real Academia Española.
Entre 1955 e 1960 exerce como director do novo Instituto de Ribadeo.http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/Dionisio+Gamallo.pdf
Mantivo relación directa ou por correspondencia con diversas personalidades do mundo cultural en España e en Galicia, como con Ramón Otero Pedrayo, con quen mantivo relación dende os anos 30 ata a morte deste.
Obra miniatura|Busto en Ribadeo. A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada, contando varios libros e máis de 2 500 artigos.Recensión biográfica na axenda escolar do IES de ribadeo Dionisio Gamallo, curso 2014/2015 Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).
Recoñecementos
Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:
Premio Anual de Literatura Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña (1943) por Galicia a través de sus poetas. Primeiro premio de poesía castelá nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1945) polo poema "Piedra viva". Premio do Certame do Centro Galego da Habana (1951) por Seda en el cardo (vida y obras de Curros Enríquez). Primeiro premio no Certame José Martí patrocinado pola Embaixada de Cuba e o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid (1953). Premio ó Xornalismo (1971) da Deputación da Coruña.
Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.
Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cortezón, D.: Dionisio Gamallo Fierros. Varón de Porcillán. Xunta de Galicia, 2005. Santiago de Compostela. ISBN 84-453-4065-4
Ligazóns externas "Cronoloxía de Dionisio Gamallo"
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española