Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage (Alasca), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,88 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.
Universidade Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89. Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara ao título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.
Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.
Na súa tempada júnior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo unha grande actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.Kansas vs. Memphis - Box Score - April 07, 2008 Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.KU - The Shot Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.Ficha de Chalmers en TDR
Estatísticas TEMPADAPMINPTSREBASISPERA/PROUB2005-20063326.011.52.23.82.81.372.72006-20073829.212.23.03.32.41.362.62007-20083930.012.83.14.31.92.252.5
NBA Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co club de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.Chalmers signs deal with Heat. Miami rewards KU product with 3-year contract ,
Tempada 2008-09 Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.Mario Chalmers Career Stats Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o líder de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.
O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un récord para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.ESPN "Chalmers gets team-record nine steals in win over Sixers", 6 de novembro de 2008.
Tempada 2009-10 Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo polgar do pé. Chalmers volveu ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.
Tempada 2010-11 O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.
No 5º partidos das Finais da NBA de 2011, Chalmers anotou un tiro dende o mediocampo sobre a bucina do segundo cuarto, para darlle vantaxe a Miami por 31-30, pero os Heat perderían o encontro contra os Dallas Mavericks por 112-103, poñendo así a serie 2-3 favorable a Dallas. Chalmers fixo 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Anchorage Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC Categoría:Xogadores do Aris BC Categoría:Xogadores dos Indios de Mayagüez