Tomigusuku (豊見城市, とみぐすくし, Tomigusuku-shi) é un concello da prefectura de Okinawa no Xapón. Está situado ó sur da illa de Okinawa. A súa superficie é de 19,45 km², a poboación é de 56.131 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.890 h/km².

O concello de Tomigusuku limita cos concellos de Naha, Haebaru, Yaese e Itoman.

Cidades irmandadas Misato, prefectura de Miyazaki, Xapón (1988). Tosashimizu, prefectura de Kōchi, Xapón (1993). Takachiho, prefectura de Miyazaki, Xapón (1995).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tomigusuku .

Categoría:Prefectura de Okinawa Categoría:Concellos do Xapón