Ishioka (石岡市, いしおかし, Ishioka-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado ao leste da rexión de Kantō e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 215,62 km², a poboación é de 79.434 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 368 hab./km².
Antes de restauración Meiji chamábase Hitachifuchū e era a capital da provincia histórica de Hitachi.
O concello de Ishioka limita cos concellos de Sakuragawa, Tsukuba, Tsuchiura, Kasumigaura, Omitama e Kasama.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ishioka . Sitio web oficial da cidade de Ishioka .
Categoría:Prefectura de Ibaraki Categoría:Concellos do Xapón