Tarumizu (垂水市, たるみずし, Tarumizu-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kyūshū e no centro da prefectura, na península de Ōsumi, na zona da provincia histórica de Ōsumi, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 162,02 km², a poboación é de 13.688 habitantes (2021) e ten unha densidade de poboación de 84,48 h/km².
Xeografía Tarumizu atópase no noroeste da península de Ōsumi, fronte á baía de Kagoshima. O centro urbano está en terreo baixo fronte a costa, e terra a dentro ao leste está dominado pola meseta Shirasu e montes. Sakurajima, antes unha illa, quedou conectada coa terra firme pola Grande Erupción Taisho en 1914, mais Sakurajima pertence administrativamente a Kagoshima, non a Tarumizu. miniatura|550x550px|Bosque dos mil ginkgos (Senbon Ichou)
Concellos lindeiros Prefectura de Kagoshima
Kagoshima Kanoya Kirishima
Clima Tarumizu presenta un clima subtropical húmido (Cfa) caracterizada por veráns cálidos, invernos suaves e case sen nevadas. A súa temperatura media é de 16,3 °C, cunha precipitación anual de 2260mm sendo setembro o mes máis chuvioso.
Demografía Segundo datos dos censos realizados dende 1920, Tarumizu alcanzou o seu máximo poboacional nos anos 50 con 38.185 habitantes, pero a partir de entón a cifra descendeu continuamente, có censo de 2021 (13.688 hab) representando só o 35% da cifra de 1950. Con isto, Tarumizu representa un severo caso de despoboación.
Historia A área de Tarumizu foi parte de provincia de Ōsumi, que a súa vez pertencía ao dominio de Satsuma durante o Período Edo. Despois da Restauración Meiji, a aldea de Tarumizu foi creada a raíz da creación do sistema moderno de concellos o 1 de abril de 1889. Tarumizu obtivo o status de vila en 1924 e despois o status de cidade en 1958.
No febreiro de 1944, o Tarumizu Maru, un transbordador de pasaxeiros zarpou rumbo a Kagoshima e volcou en minutos. 466 pasaxeiros faleceron.
Economía Tarumizu ten unha economía primaria baseada na agricultura, pesca, forestería e no procesado de alimentos.
Educación Tarumizu ten oito escolas públicas de primaria e unha escola secundaria pública xestionada polo goberno da cidade e unha escola secundaria pública xestionada pola Xunta de Educación da Prefectura de Kagoshima. Tamén hai unha escola secundaria privada. A cidade tamén alberga o Laboratorio de Medio Ambiente Solar-Terrestre da Universidade de Nagoya.
Transporte Tarumizu estivo sen servizos ferroviarios de pasaxeiros despois do peche da liña Ōsumi en 1987. A estación máis próxima é a estación de Kagoshima-Chūō no Kyushu Shinkansen.
Atraccións locais
Bosque dos Mil Ginkgos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tarumizu .
Categoría:Prefectura de Kagoshima Categoría:Concellos do Xapón