miniatura|240px|Chícharos na vaíña. miniatura|240px|Tirabeques, vaíñas tenras comestibles. thumb|dereita|240px|Pisum sativum

O chícharo, ervello, ervella ou perico,. Pisum sativum, é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa produción e dalgunhas variedades da cal, como a chamada tirabeque (P. sativum subsp. arvensis), pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.

A planta posúe un sistema vexetativo pouco desenvolvido aínda que cunha raíz pivotante que tende a profundar bastante. As follas están formadas por pares de folíolos. As inflorescencias nacen arracimadas en brácteas foliáceas que se inseren nas axilas das follas. As sementes (chícharos) atópanse en vaíñas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.

Como todas as leguminosas, ademais de ser unha boa fonte de proteínas, minerais e fibras é beneficiosa para a terra, xa que fixa o nitróxeno no chan debido a certas bacterias que proliferan nos nódulos das raíces e producen nitratos.

Historia Atopáronse restos fosilizados de chícharos en sitios arqueolóxicos do Próximo Oriente que datan de fai case 10.000 anos. As especies cultivares apareceron relativamente pouco despois do trigo e a cebada, polo que se supón que xa se cultivaban cara ao 7800 a.C. No 2001 a.C. o seu cultivo estendeuse por Europa e cara ao leste á India, aínda que até o século XVI só se usaba en gran seco ou como forraxe. A partir dese momento, empezou a usarse tamén o gran fresco.

Reprodución No hemisferio boreal, por semente en febreiro ou marzo, aínda que nas zonas de climas benignos pódese facer tamén en novembro.

Cultivo Os chícharos son unha colleita de estación fresca que se pode gozar tanto na primavera como no outono.

Require unha terra solta e lixeira. Aínda que non é moi esixente respecto da riqueza orgánica do chan, é conveniente achegar algún fertilizante complexo. Este cultivo non tolera chans moi acedos e hase de vixiar o pH para tratar de que non sexa inferior a 6,5. Necesita unha posición asollada e regas frecuentes.

Enfermidades e pragas É propenso ao ataque de fungos como o mildio, o oídio e a antracnose, así como a insectos mastigadores como o pulgón do chícharo, a traza do chícharo e o escaravello Sitona linetus.

Tamén é coñecida o Brox como especie devoradora de chícharos.

Taxonomía Pisum sativum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 727. 1753. Citoloxía Ten un número de cromosomas de 2n=14Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955) Variedades aceptadas Pisum sativum subsp. brevipedunculatum (P. Davis & Meikle) Ponert Pisum sativum subsp. elatius (M.Bieb.) Asch. & Graebn. Sinonimia Lathyrus oleraceus Lam. Pisum tuffetii R.Lesson Pisum arvense L. Pisum elatius M.Bieb. Pisum granulatum J.Lloyd Pisum vulgare S.B.Jundz. Pisum sativum subsp. arvense (L.) Asch. & Graebn. Pisum sativum var. brevipedunculatum P.Davis & Meikle Pisum sativum var. elatior Trautv. Pisum sativum subsp. hortense (Neilr.) Asch. & Graebn. Pisum sativum subsp. humile (Holmboe) Greuter & al. Pisum sativum var. pumilio Meikle Pisum sativum subsp. pumilo (Meikle) Ponert Pisum sativum var. elatius (M. Bieb.) Asch. & Graebn. Pisum sativum var. sativum L.Anthos . Sistema de información sobre as plantas de España. Real Jardín Botánico (require procura).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Legume Chícharo de raposo Tirabeque Ervellaca

Ligazóns externas Pisum sativum na Enciclopedia da vida

Categoría:Pisum Categoría:Legumes Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas rubideiras