Edogawa (江戸川区, えどがわく, Edogawa-ku) é un barrio especial da prefectura de Tokyo, no Xapón. Está situado no sur da rexión de Kanto e ao leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 49,86 km², a poboación é de 670.538 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 13.450 hab./km².

O barrio de Edogawa limita cos barrios de Katsushika, Sumida, Kōtō (que son da prefectura de Tokyo); e cos concellos de Urayasu, Ichikawa e Matsudo (que son da prefectura de Chiba).

Demografía

Cidades irmandadas Azumino. Gosford. Tsuruoka.

Véxase tamén Outros artigos Barrios de Tokyo

Ligazóns externas Sitio web oficial do barrio de Edogawa .

Categoría:Prefectura de Tokyo Categoría:Concellos do Xapón