An Daingean (en irlandés e oficialmente, e tamén en ; adaptado ao ) é unha localidade do Condado de Kerry, na costa atlántica de Irlanda, a uns 50 km ao suroeste de Tralee e uns 80 km ao noroeste de Killarney. A vila está situada nunha baía natural baixo a montaña Slievanea, na península de An Daingean, co río Shannon ao norte, e o Anel de Kerry ao sur.

As principais actividades da zona son o turismo, a pesca, a gandería e a agricultura. En 2006 An Daingean tiña unha poboación de 1.920 habitantes. An Daingean está situada nun Gaeltacht.

Durante moito tempo An Daingean foi unha vila remota, mais agora é un activo porto pesqueiro e un importante centro turístico.

Fungi, o golfiño de An Daingean En 1984 un golfiño comezou a frecuentar a zona do porto de An Daingean, converténdose nunha atracción para os visitantes. Calcúlase que naceu contra mediados da década de 1970, cunha esperanza de vida de 25 anos para a súa especie. Ten adicada unha escultura en bronce en An Daingean.

Lugares de interese A igrexa neogótica de An Daingean, St. Mary, foi construída segundo o proxecto de J. J. McCarthy e O'Connell. A primeira pedra foi colocada en 1862.

Hai moitas posibilidades de escoitar música tradicional irlandesa na vila, especialmente no verán, na tempada de turismo. Tamén hai un acuario na vila e bo número de tendas de artesanía.

Poden tamén visitarse nos arredores os xacementos arqueolóxicos da península de An Daingean.

Cidades irmás Tolfa, Lacio (Italia) Santa Barbara, California (Estados Unidos)

Galería de imaxes

Categoría:Localidades do condado de Kerry Categoría:Gaeltacht