O Scotiabank Arena, a miúdo denominado simplemente coma SBA e coñecido anteriormente como Air Canada Centre, é un pavillón multifuncional situado en Toronto, Ontario. É a cancha de xogo dos Toronto Maple Leafs da NHL, e dos Toronto Raptors da NBA. O seu nome débese ao seu principal patrocinador, as liñas aéreas canadenses Air Canada.
Historia O deseño do Scotiabank Arena realizouse pensando tanto no hóckey sobre xeo coma no baloncesto. Púxose a primeira pedra en 1997 e foi inaugurado o 19 de febreiro de 1999. O seu propietario é o mesmo que o do equipo da NHL dos Toronto Maple Leafs.
Eventos Os eventos máis significativos que se realizaron neste pavillón son o All Star da NHL en 2000 e a final do Campionato do Mundo de Hoquei de 2004.
Ademais, realizáronse infinidade de concertos de música, destacando os de Avril Lavigne, KISS, Aerosmith, Bon Jovi, Guns N' Roses, Depeche Mode, David Bowie, Hilary Duff, Coldplay, U2, Paul McCartney, Radiohead, Madonna, The Rolling Stones, Elton John, Oasis, Shakira, Metallica, Iron Maiden, Red Hot Chili Peppers, Billy Talent, e John Mayer.
O 9 de outubro de 2009 Kylie Minogue actuou por primeira vez no ACC así como no Canadá.
Galería
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial do Scotiabank Arena Seats3D - Mapa interactivo de asentos do Scotiabank Arena para os Maple Leafs Seats3D - Mapa interactivo de asentos do Scotiabank Arena para os Toronto Raptors
Categoría:Pavillóns da NBA Categoría:Toronto Raptors Categoría:Pavillóns de baloncesto do Canadá Categoría:Pavillóns da NHL