Kanzaki (神埼市, かんざきし, Kanzaki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saga. Está situado ó norte da rexión de Kyūshū e ó leste da prefectura, na illa homónima. A súa superficie é de 125,01 km², a poboación é de 33.222 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 266 hab./km².

O concello de Kanzaki limita pola terra cos concellos de Saga, Yoshinogari, Miyaki (da prefectura de Saga); Fukuoka, Kurume e Ōkawa (da prefectura de Fukuoka).

Historia A cidade de Kanzaki foi fundada pola fusión de 2 concellos de vilas (Kanzaki-machi e Chiyoda-chou) e o concello da aldea Sefuri-mura (do distrito de Kanzaki) no ano 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da cidade de Kanzaki

Categoría:Prefectura de Saga Categoría:Concellos do Xapón