Herta Müller, nada en Nițchidorf (Timișoara, Romanía) o 17 de agosto de 1953, é unha escritora alemá de orixe romanesa.
Traxectoria Herta Müller é filla de granxeiros suabos de fala alemá. Estudou xermanística e literatura romanesa na Universidade do Oeste de Timișoara. Formou parte do Aktionsgruppe Banat, un parladoiro de escritores idealistas romanés-alemáns. En 1976 empezou a traballar como tradutora para unha compañía de enxeñería, pero deixou o emprego en 1979 para non cooperar coa Securitatea Statului, a policía secreta do réxime comunista romanés. Estivo empregada nun xardín de infancia e impartindo clases de alemán. O seu primeiro libro foi publicado en 1982 en Romanía e apareceu só en versión censurada, como moitas outras obras dese tempo. Pouco despois prohibíronlle seguir publicando no seu país, aínda que os seus libros triunfaban en Alemaña e Austria.
En 1987 marchou a Alemaña co seu home, o novelista Richard Wagner. Fixo algúns lectorados en universidades alemás nos anos seguintes e fixou a súa residencia en Berlín.
Destaca polos seus relatos acerca das durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceaușescu. Foi galardoada co Premio Nobel de Literatura en 2009 pola súa capacidade para describir "a paisaxe dos desposuídos"."Hertha Müller gaña o Nobel de Literatura" , artigo en Galiciaé, 8 de outubro de 2009.
Obras Niederungen, 1982. Drückender Tango, 1984. O home é un grande faisán no mundo, 1986 (Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt, traducido ao galego por Frank Meyer en 2001). Barfüßiger Februar, 1987. Reisende auf einem Bein, 1989. Wie Wahrnehmung sich erfindet, 1990. Der Teufel sitzt im Spiegel, 1991. Der Fuchs war damals schon der Jäger, 1992. Eine warme Kartoffel ist ein warmes Bett, 1992. Der Wächter nimmt seinen Kamm, 1993. Angekommen wie nicht da, Lichtenfels (1994) Herztier, Reinbek bei Hamburg (1994) Hunger und Seide, 1995. In der Falle, 1996. Heute wär ich mir lieber nicht begegnet, 1997. Der fremde Blick oder Das Leben ist ein Furz in der Laterne, 1999. Im Haarknoten wohnt eine Dame, 2000. Heimat ist das, was gesprochen wird, 2001. Der König verneigt sich und tötet, 2003. Die blassen Herren mit den Mokkatassen, 2005. Este sau nu este Ion, 2005. Randea do alento, 2009 (Atemschaukel, traducido ao galego por Marga do Val en 2010).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil na web do Premio Nobel de Literatura
Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Romanía Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Timișoara Categoría:Premios Nobel de Romanía Categoría:Premios Nobel de Alemaña