Robin Byron Lopez, nado o 1 de abril de 1988 no barrio de North Hollywood da cidade dos Ánxeles (California), é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros, e xoga na posición de pivote. É irmán xemelgo de Brook Lopez, elixido polos New Jersey Nets no mesmo draft, e actual xogador dos Brooklyn Nets. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.
Traxectoria Universidade Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán nos "Cardinals" da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 7,5 puntos, 5,5 rebotes e 2,2 tapóns, liderando a Pacific Ten Conference nese apartado. Xunto co seu irmán, puxeron máis tapóns nunha tempada que 7 equipos da súa mesma conferencia. Na súa segunda tempada fixo 10,2 puntos, 5,7 rebotes e 2,3 tapóns (2º da Pac-10). Foi elixido no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.
En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 8,9 puntos e 5,6 rebotes por partido.Ficha de Brook Lopez en TDR
Estatísticas Ano Idade P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB TAP FP %TC %TL %3P 2006-2007 18 31 24.0 7.5 5.5 0.9 1.5 0.63 0.2 2.4 2.3 .480 .545 0.00 2007-2008 19 36 24.5 10.2 5.7 0.6 1.8 0.33 0.5 2.3 2.6 .534 .652 1.000
Profesional Foi elixido na 15ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Phoenix Suns, equipo polo que asinou contrato en xullo de 2008.Suns Sign Robin Lopez
O 27 de xullo de 2012, os New Orleans Hornets adquiriron a Lopez dos Suns mediante un sign-and-trade.Hornets acquire Lopez and Warrick from Phoenix
O 10 de xullo de 2013, New Orleans traspasou a Lopez ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Sacramento Kings.
O 9 de xullo de 2015, Lopez asinou cos New York Knicks.
O 22 de xuño de 2016, Lopez foi traspasado xunto a José Manuel Calderón e Jerian Grant ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.
O 12 de xullo de 2019, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.
O 22 de novembro de 2020, Lopez asinou cos Washington Wizards.Wizards sign Robin Lopez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Brook Lopez
Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers