Tyronn Jamar Lue, nado o 3 de maio de 1977 en Mexico, Missouri, é un ex xogador norteamericano de baloncesto profesional e actual adestrador dos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Universidade Durante tres anos xogou na Universidade de Nebraska, onde rematou sendo o terceiro xogador con máis asistencias dos Cornhuskers de toda a historia. Promediou 15,9 puntos, 4,4 asistencias e 3,4 rebotes por partido.

NBA Foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Denver Nuggets, pero foi traspasado ao intre, xunto con Tony Battie a Los Angeles Lakers a cambio de Nick Van Exel. Nos seus 3 primeiros anos nos Lakers apenas puido xogar debido ás lesións, pero en 2001 foi unha peza chave nos playoffs da NBA, sendo usado pola súa rapidez para frear á estrela do equipo dos Sixers Allen Iverson, conseguindo o seu ata agora único anel de campión da NBA.

Ao remate desa tempada foi traspasado aos Washington Wizards, onde permaneceu 2 tempadas, antes de pasar polos Orlando Magic e os Houston Rockets, para acabar establecéndose nos Atlanta Hawks, onde disputou 3 tempadas con eles.

O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Anthony Johnson, Lorenzen Wright e un segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. Tras ser cortado a principios de marzo, o base fichou polos Dallas Mavericks.Eddie Sefko, Tyronn Lue on way to Dallas Mavericks , Dallas News O 17 de xullo de 2008 asinou cos Milwaukee Bucks.

O 5 de febreiro de 2009 foi traspasado a Orlando Magic a cambio de Keith Bogans e diñeiro. Orlando Magic trade Keith Bogans for former Magic guard Tyronn Lue

Logros persoais Campión da NBA en 2001 Segundo mellor anotador de triplas en 2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en NBA.com Estatísticas de Tyron Lue

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Adestradores asistentes dos Boston Celtics Categoría:Adestradores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Nados en Missouri Categoría:Nados en 1977