James Edward Harden Jr., nado nos Ánxeles (California) o 26 de agosto de 1989, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que pertence ao equipo dos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de altura xoga na posición de escolta.

Traxectoria Universidade Xogou dúas tempadas cos Sun Devils da Universidade Estatal de Arizona, onde acadou 19 puntos e 5,5 rebotes por partido.Ficha de Harden en TDR Na súa segunda tempada foi un dos 50 finalistas no prestixioso Premio John R. Wooden. Conseguiu a súa mellor marca anotadora o 30 de novembro de 2008, ao conseguir 40 puntos ante UTEP.UTEP Miners vs. Arizona State Sun Devils - Box Score - November 30, 2008 Foi elixido mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference tras derrotar a USC no Staples Center, e posteriormente xogador do ano da conferencia, ademais de entrar no primeiro equipo All-American. Tras dous anos na universidade, declarouse elixible para o draft de 2009.

Estatísticas Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP %TC %3P %TL MIN PER 2007-08 Arizona State Sun Devils 34 17.8 5.3 3.2 2.1 0.6 .527 .407 .754 34.1 2.6 2008-09 Arizona State Sun Devils 35 20.1 5.6 4.2 1.7 0.3 .489 .356 .756 35.8 3.4Total: 69 19.0 5.4 3.7 1.9 0.4 .506 .376 .755 35.0 3.0

Profesional Oklahoma City Thunder (2009-2012) Harden foi elixido na terceira posición do Draft da NBA do 2009 polos Oklahoma City Thunder. Isto fixo que se convertera no primeiro xogador drafteado polos Oklahoma City Thunder dende que a franquía tivo ese nome.

Na súa primeira tempada na NBA, Harden xogou máis de 22 minutos por partido, facendo 9.9 puntos por encontro. Foi elixido no segundo equipo de rookies ao remate da tempada. No seu segundo ano, xogou nos 82 partidos da tempada regular, con 12.2 puntos de media. Nos playoffs acadou 13.0 puntos por partido, cunha porcentaxe de 47% de tiros de campo.

O 18 de abril de 2012, anotou 40 puntos na vitoria por 109-97 contra os Phoenix Suns, a máxima anotación da súa carreira. A tempada 2011-12 foi a súa mellor tempada dende que chegou á NBA, con 16.8 puntos en 31.4 minutos por partido, aínda que tan só xogou 2 partidos de 62 coma titular. Ao remate da tempada, foi elixido coma Mellor Sexto Home da NBA, converténdose no segundo xogador máis novo en conseguilo. Liderou aos suplentes da NBA con 16.8 puntos por partido.

Houston Rockets (2012-2021) O 27 de outubro de 2012, Harden foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e Lazar Hayward a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft. Este traspaso produciuse despois de que Harden rexeitara unha oferta de renovación por catro anos e 52 millóns de dólares cos Thunder, quen traspasaron ó escolta inmediatamente despois da súa negativa.

O 31 de outubro de 2012, asinou un contrato por 5 anos e 80 millóns de dólares cos Rockets. O mesmo día produciuse o seu debut contra os Detroit Pistons. Os Rockets gañaron por 105-96 en Detroit, e Harden conseguiu 37 puntos, 12 asistencias, 6 rebotes e 4 roubos de balón. Desta forma, Harden igualou a terceira mellor marca de anotación dun xogador que debuta co seu novo equipo, tan só superado por Kiki Vandeweghe, que anotou 47 puntos cos Portland Trail Blazers, e Wilt Chamberlain, con 43 puntos para os Philadelphia Warriors no seu debut na NBA.

Brooklyn Nets (2021-2022) O 14 de xaneiro de 2021, Harden foi traspasado ós Brooklyn Nets nun traspaso entre catro equipos que mandou a Rodions Kurucs, Dante Exum, Victor Oladipo, catro eleccións da primeira rolda do Draft e catro intercambios de elección da primeira rolda ós Rockets.

Philadelphia 76ers (2022-2023) O 10 de febreiro de 2022, Harden foi traspasado xunto a Paul Millsap ós Philadelphia 76ers a cambio de Ben Simmons, Seth Curry, Andre Drummond e dúas eleccións da primeira rolda do Draft.

Los Angeles Clippers (2023-presente) O 1 de novembro de 2023, os Los Angeles Clippers adquiriron a Harden xunto a P.J. Tucker e Filip Petrušev, a cambio de Nicolas Batum, Kenyon Martin Jr., Robert Covington e Marcus Morris.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:MVP da Tempada da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto