Evaristo Martelo Paumán del Nero, nado na Coruña o 21 de abril de 1853 e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1928, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria miniatura|Os afillados do demo. Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, foi bautizado o día 25 de abril na igrexa de San Nicolao. Descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño, fixo estudos para mariño, pero finalmente dedicouse ao Dereito. A vida de Evaristo Martelo transcorreu entre a Casa do Arco en Laxe, o pazo dos Andeiro en Rianxo, o castelo de Vimianzo (que el mercou) e o pazo de Ombre. Membro da nobreza, foi VI marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro por herdanza da súa nai.

Era un dos contertulios da Cova Céltica coruñesa, na que participaba con Eduardo Pondal, con quen trabou unha grande amizade, influíndo na súa obra. Fixo gala dun patriotismo galego exemplar, sobre todo na defensa do idioma, ao que cualificaba como "fala de reis". Colaborou en Revista Gallega. Ingresou na Real Academia Galega en 1921 coa lectura do discurso Pondal e a súa obra.

Vida persoal

Casou con Josefa de la Maza Agar, filla de Ramón María de la Maza Quiroga.

Obra en galego Os afillados do demo, 1885, A Coruña. A noite de San Silvestre, 1890, A Coruña. Líricas gallegas, 1894, A Coruña. Estas obras, xunto con outra inédita, As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa do idioma. Landras e bayas, 1919, El Noroeste, A Coruña. Andeiro. Poema histórico-brigantino da Unión Ibérica (século XIV), 1922, A Coruña. miniatura|Landras e bayas.

Obra en castelán Ensaios xurídicos El laudemio, su legislación y jurispridencia hasta el año 1898, 1899, A Coruña. Manual de los Consejos de Agricultura, Industria y Comercio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Carlismo Cova Céltica Bibliografía

: "Martelo Paumán del Nero, Evaristo" in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Ligazóns externas Concello de Vimianzo Evaristo Martelo e o Castelo de Vimianzo

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Carlistas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega