thumb|Secale cereale O centeo (Secale cereale (L.) M.Bieb.) é unha gramíneas que se cultiva polo seu gran e como planta forraxeira. É un membro da familia do trigo e relaciónase estreitamente co orxo. | O gran do centeo utilízase para facer fariña (fariña centea) e na industria da alimentación. É altamente tolerante á acidez do solo. O primeiro uso posible do centeo doméstico remóntase a Abu Hureyra ao norte de Siria, no val do río Éufrates no Paleolítico tardío. É un cultivo común en Galiza, sendo a fariña centea unha das máis empregadas noutrora para facer pan.

Etimoloxía O termo centeo provén da denominación latina centenum, -i, derivado do numeral centeni 'de cen en cen', polos moitos grans que produce cada planta.

Descrición O centeo é unha planta anual de 110 a 160 cm de altura, que florea de maio a xullo, facendo unha inflorescencia en espiga duns 20 a 30 cm de longo (máis longa ca do trigo), follas de 5 a 10 mm de largo. Glumas das espigas de 6 a 15 mm sen contar as arganas; lemna (gluma inferior) de 7 a 15 mm, con aresta normalmente de 2 a 5,5 cm. O gran como todas as gramíneas denomínase cariópside. Considéranse que o Irán é o país de orixe desta especie.

Ten un sistema radicular fasciculado semellante ao do trigo, aínda que máis desenvolvido ca este. Esta é unha das razóns da súa grande rusticidade. O talo é longo e flexíbel. As follas son estreitas. Coma no caso do orxo, as espiguillas non teñen pedúnculo e fican todas unidas directamente ao raque, correspondendo unha soa a cada dente deste. As glumas son alongadas e agudas no seu ápice. As vilosidades pola súa parte dorsal, prolónganse nunha longa aresta. Cada espiguilla produce tres flores, pero só son fértiles dúas. A espiga é magra e longa.

Parasitos O centeo vese afectado por un fungo parasito, o cornizó Claviceps purpurea, cuxo consumo accidental xunto co cereal era a causa do ergotismo. Tamén é chamado cornello, dentón, gran de corvo ou carunchoVocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.

Usos miniatura|250px|Pan centeo Un dos usos deste cereal é o de elaborar coa súa fariña pan centeo, moi empregado noutrora en Galiza, sendo un referente nacional canto á cantidade e calidade. Coa fariña centea faise pumpernickel, moi usado en Europa do norte e do leste. Tamén se fai o familiar knäckebröd.

A fariña de centeo ten baixo contido en glute en comparanza coa fariña triga, e contén máis proporción de fibras solúbeis.

Outros dos seus usos é a fabricación de whisky de centeo, e como medicina alternativa na súa forma líquida, coñecida como "extracto de centeo"; un líquido obtido do centeo e semellante ao extraído do pasto de trigo. Entre os seus supostos beneficios inclúense a mellora do sistema inmune, o incremento dos niveis de enerxía e mellora da situación fronte as alerxias, aínda que non existe evidencia clínica da súa eficacia. Dise tamén que podería ser activo na prevención do cancro de próstata.E Pukkala, N Gustavsson and L Teppo, Atlas of cancer incidence in Finland, Cancer Society of Finland, Helsinki (1987), p. 37. and P Kleemola, M Virtanen and P Pietinen, Dietary survey of Finnish adults, Publications of the National Public Health Institute B2, Helsinki (1994)

Coa súa palla facíanse as cubertas (colmados) das pallozas e outras construcións populares en Galiza e outros lugares de Europa coma Inglaterra e Irlanda. Tamén coa palla se fan bonecos de xoguete. Indicacións: úsase como laxante lixeiro, nutritivo.

Sinonimia Secale turkestanicum Bensin Triticum cereale (L.) Salisb. Triticum secale Link

Produción e consumo Primeiros dez produtores — 2005(millóns de toneladas) 3,6 3,4 2,8 1,2 1,1 0,6 0,4 0,3 0,2 0,2Total Mundial 13.3Source: FAO Mayores Productores de Commodities - Países por Commodity

MineraisCalcio33 mgFerro2,67 mgMagnesio121 mgFósforo374 mgPotasio264 mgSodio6 mgZinc3,73 mgCobre0,450 mgMagnesio2,680 mgSelenio0,035 mg

O centeo medra primariamente en Europa do leste, centro e norteña: norte de Alemaña, Polonia, Ucraína, Belarús, Lituania, Letonia e cara Rusia central e do norte. Tamén prospera en América do Norte: no Canadá, nos Estados Unidos, América do Sur: na Arxentina, no Brasil, Asia: Turquía, Kazakhstán, e norte da China.

Os niveis da súa produción seguen a decaer en moitas das nacións produtoras por mor á menor demanda. Por exemplo a produción rusa pasou de 13,9 millóns de Tm en 1992 a 3,4 Mt en 2005. E Polonia - 5,9 Mt en 1992 a 3,4 Mt en 2005; Alemaña - 3,3 Mt & 2,8 Mt; Belarús - 3,1 Mt & 1,2 Mt; China - 1,7 Mt & 0,6 Mt; Kazakhstán - 0,6 Mt & 0,02 Mt.

Moito do centeo consómese localmente, e só se exporta a países veciños, non mundialmente.

Contraindicacións O centeo, así como o trigo, a cebada, a avea, a espelta, o camut e o malte, posúen glute na súa composición. Deste xeito, non o deben consumir quen padeza enfermidade celíaca. As persoas intolerantes ao glute, se consomen alimentos con esta substancia, tráelles como consecuencia unha deterioración nas mucosas do intestino delgado, prexudicando o organismo e a absorción de diversos nutrientes. Porén, existen unha serie de cereais que non teñen glute e poden consumir as persoas que padecen de celiaquía: o arroz, o millo, a quinoa, o millo miúdo (aínda que non ten glute, os celíacos non adoitan toleralo ben), o amaranto, o trigo sarraceno ou alforfón (realmente é un pseudo-cereal) e o sorgo. Así mesmo, a fariña de castaña tampouco ten glute.

O centeo na cultura popular galega Coa fariña centea faise en Galiza o pan moreno, e mesturada coa de millo pan de mesturaLeandro Carré Alvarellos (1933): Diccionario galego-castelán, Segunda Edizón, A Coruña, Roel.

Cultívase en toda Galiza, sendo máis resistente có trigo e adaptábel a todas as terras, porén o pan, bastante utilizado na Galiza aldeá, é máis escuro. Durante séculos foi o cereal máis cultivado, sobre todo nas familias máis humildes e principalmente nas altas terras montañosas de Ourense, que por iso lle chamaban terras de pan. Ademais do pan centeo ou de mestura, a palla serve coma forraxe, alimento e cama do gado. Nalgunhas comarcas a palla ou colmo emprégase para a cubrición das vivendas (colmados). Antes da malla, a palla ponse en medas nas eiras.

Require rega no verán e a sega faise guichada nalgunhas zonas. Padece con frecuencia o cornizó ou caruncho (Claviceps purpurea), que se apodera do gran e que, mesturado con este e convertido tamén en fariña produce unha especie de gangrena seca a quen o come. Por iso cómpre peneiralo ben para tiralo e non o levar ao muíñoEladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.

Adoita considerarse o día de San Bernabeu, o 11 de xuño, como o día idóneo para a súa sega.

Expresións Mallar nun coma nun centeo verde mallar nunha persoa sen contemplación algunha. Refraneiro Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau. O centeo basto na hucha, non no terreoMarcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar.

Cantigueiro Eu casar ben me casaba,/ recear ben o receo,/ sinto de andar perguntando/ a como vale o centeo. Mariquiña da forneira/ se coceres faime un bolo,/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Secale Categoría:Cereais Categoría:Plantas forraxeiras Categoría:Plantas medicinais Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencia)