La Bisbal d'Empordà, popularmente reducido a La Bisbal, é un concello catalán da provincia de Xirona, España, e capital da comarca do Baix Empordà. Ten unha poboación de 10.173 habitantes (2008).

Aséntase sobre o chairo do Empordà, adxacente ao macizo de les Gavarres e regado polo río Daró. A súa orixe áchase na vila romana de "Fontanetum". O seu nome actual débese á cesión da localidade ao bispo de Xirona durante o dominio carolinxio.

Tradicionalmente a agricultura e gandería foron as principais fontes de riqueza da poboación. A comezos do século XX destacou a industria da cortiza. Na actualidade, a cerámica industrial e artística representan o seu principal rexistro económico e turístico. Tamén é recoñecido polos seus populares doces de pastelería.

Monumentos e lugares de interese Castelo-pazo da Bisbal Igrexa de Santa Maria O Call xudeu Les Voltes Convento Sant Pol de la Bisbal

Festas e tradicións

1 de maio - Fira Mercat na rúa. 18 - 20 de xullo, Fira do Circ ao Carrer (feira do circo). 14 - 18 de agosto, Festa Maior da Bisbal. 15 de agosto, Festa Local da Bisbal.

Véxase tamén Outros artigos La Principal de la Bisbal Ligazóns externas Páxina de La Bisbal

Bisbal d'Emporda