Courmayeur (en arpitano, Croméyeui) é un concello italiano da rexión autónoma do Val de Aosta. Está localizado aos pés do Mont Blanc, a montaña máis alta de Europa Occidental, na sección dos Alpes Graios, e cruzado polo río Dora Baltea. Courmayeur comparte o cume do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Chamonix en Francia e posúe o título de concello máis alto de Italia.

Turismo miniatura|200px|Vista de Courmayeur O pintoresco e saudable escenario montañés que presenta Courmayeur, converten a esta localidade italiana nun atractivo turístico. O inverno converte a este destino nun dos máis elixidos polos europeos para realizar esquí. Courmayeur é tamén elixido como destino turístico en verán, para simple relaxación e polos seus atractivos naturais, como a rexión do Mont Blanc ou o Parque Nacional do Gran Paradiso. Son, por tanto, frecuentes a presenza de alpinistas e excursionistas en verán. Por Courmayeur pasa o famoso Tour do Mont Blanc, que en varias etapas rodea completamente o macizo pasando por Francia, Italia e Suíza.

Transporte Courmayeur atópase moi ben conectado co noroeste de Italia (220 km de Milán). O túnel do Mont Blanc conecta a rexión con Francia. Lión está a 240 km e pode ser alcanzada nunhas horas, e Xenebra, Suíza, está só a 100 km.

Dolonne, cidade irmá de Courmayeur, ten varias áreas residenciais e hoteis, e tamén é un centro de deportes de inverno. Está conectada a Courmayeur mediante unha ponte.

Cidades irmás Chamonix

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Cidades de Italia Categoría:Concellos do Val de Aosta