miniatura|dereita|Pazo Baión. A Operación Nécora foi unha operación policial española que xerou un proceso xudicial iniciador dunha das maiores redadas contra o narcotráfico en Galicia. O 12 de xuño de 1990 o xuíz central de instrución da Audiencia Nacional Baltasar Garzón e mais o fiscal antidroga Javier Zaragoza iniciaron o primeiro gran golpe contra as bandas do narcotráfico da ría de Arousa. Un continxente de centenares de policías desprazados dende Madrid para a ocasión arrestaron nas súas casas grandes contrabandistas de tabaco, reconvertidos en narcotraficantes.

Detrás da redada estaban as declaracións de Ricardo Portabales, de Marín, e de Manuel Fernández Padín de Vilanova de Arousa, o que permitiu condenar a penas de cárcere líderes de clans galegos como Laureano Oubiña e José Darío Valado. A Operación Nécora concluíu en 1994 coa lectura da sentenza.

Contexto Na década de 1970 desenvolveuse en Galicia unha rede de contrabando de tabaco traído dende os Estados Unidos. En 1983 levouse a cabo unha redada contra a empresa ROS (iniciais dos nomes de Ramiro Martínez Señorans, Olegario Falcón Piñeiro e Sito Miñanco), coordinada polo xuíz de instrución de Cambados, José Luis Seoane Spiegelberg, e mais o gobernador civil de Pontevedra, Virginio Fuentes. O sumario permitiu o procesamento e decretou o traslado das dilixencias á Audiencia Nacional. Foron xulgados tamén outros 28 imputados, dos cales 12 eran gardas civís (practicamente a totalidade do cadro do posto do Grove e catro do de Cambados) entre maio e xuño de 1989 pola sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, presidida polo maxistrado Félix Rodríguez García. Foron condenados a diversas penas por delitos de contrabando, falsidade, prevaricación, malversación e cofeito, con inhabilitación para o cargo de garda civil para os militares encausados.

A comezos da década de 1980 os traficantes comezaron a aplicar os mesmos métodos para introducir haxix e cocaína en Europa. Nese momento o cártel de Medellín encontrábase baixo a presión das autoridades estadounidenses e o mercado norteamericano de cocaína se encontraba saturado, polo que tornaron o foco de atención en dirección a Europa, Dende as localidades galegas os traficantes colombianos chegados dende Madrid recollían a droga e distribuíana polo resto de España e Europa.

Investigación A investigación sobre o narcotráfico internacional a través de Galicia iniciouse a raíz dunha carta enviada en agosto de 1989 por Ricardo Portabales Rodríguez, un traficante condenado a prisión, ao maxistrado Luciano Varela Castro, xuíz de instrución de Pontevedra que investigaba o caso. Tras tomarlle declaración e levar a cabo unhas primeiras indagacións, e de acordo, entre outros, con Félix Rodríguez García, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Varela decidiu trasladar as dilixencias á Audiencia Nacional, competente na loita contra este tipo de delitos. Baltasar Garzón encargouse de continuar coas investigacións coa asistencia da Sección IV do Servizo Central de Estupefacientes. Garzón valeuse para instruír o caso contra os traficantes do testemuño de dous informadores arrepentidos: Ricardo Portabales Rodríguez e Manuel Fernández Padín, membro dun dos clans.

Operación Mago A mañá do 12 de xuño de 1990, cen vehículos con 350 axentes do Servizo Central de Estupefacientes acudiron expresamente a Santiago de Compostela desde Madrid para evitar posibles filtracións dos axentes policiais locais, e dende alí dirixíronse á comarca do Salnés, onde acudiron a cada obxectivo prefixado. A operación coñeceuse inicialmente como Operación Mago, mais despois mudouse o seu nome a Operación Nécora. A base das operacións foi a comisaría de Vilagarcía de Arousa, As operacións contaron coa supervisión xudicial dos maxistrados Baltasar Garzón, Luciano Varela Castro e do fiscal antidroga Javier Zaragoza.

Xuízo O 6 de setembro de 1990 o fiscal antidroga formulou os cargos contra 49 dos detidos (sumario 13/90). Cinco dos 49 quedaron fóra deste sumario, e deles o fiscal iniciou un proceso separado contra tres: Marcial Dorado Baúlde, Michel Haengi e Miguel Rivero González por branqueo de capitais, algo que atrasaría o comezo do xuíio principal. Para Luis Falcón Pérez "Falconetti" e Tomás Leis Carlés a fiscalía pediu liberdade baixo fianza, mais continuaron en prisión.

A Operación Nécora concluíu no ano 2004 coa lectura da sentenza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Leiro Conde, B.: Un lugar tranquilo. Ed. Nigra, 1993. Outros artigos Carmen Avendaño Ligazóns externas

Categoría:Narcotráfico en Galicia Categoría:Casos xudiciais Categoría:1990 en Galicia