Granma é unha das 14 provincias de Cuba. Esta xurdiu a raíz da última división político-administrativa, aprobada en novembro de 1976, e asume o seu novo nome en honra ao desembarco na praia Las Coloradas do Granma, iate usado polo Che Guevara e Fidel Castro para desembarcar en Cuba con outros guerrilleiros.
Concellos A capital da provincia é Bayamo, considerada berce da nacionalidade cubana, ademais de ser unha das cidades máis importantes e ricas en historia xunto á cidade de Manzanillo, esta última a principal urbe industrial e reitora do desenvolvemento económico, social e cultural da provincia.
Ademais de Bayamo e Manzanillo, a provincia de Granma está dividida en trece concellos: Bayamo Manzanillo Jiguaní Cauto Cristo Río Cauto Yara Guisa Buey Arriba Bartolomé Masó Campechuela Media Luna Niquero Pilón
Granma