miniatura|Portada do Vocabulário da Língua Portuguesa, Coímbra, 1966. Francisco da Luz Rebelo Gonçalves, nado en Santarém o 15 de novembro de 1907 e finado o 23 de abril de 1982, foi un profesor universitario portugués e investigador nos dominios da filoloxía e lexicografía da lingua portuguesa.
Traxectoria Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica, Rebelo Gonçalves foi profesor de Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Clásica (Lingua e Literaturas Grega e Latina) da Universidade de São Paulo entre 1935 e 1938 integrando o grupo de profesores estranxeiros que foran convidados para traballar nela trala súa fundación.
Durante a súa estancia no Brasil integrou o grupo fundador da Casa de Portugal de São Paulo, da que foi o seu primeiro presidente.
En Portugal ensinou na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra e na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.
Na Conferencia Ortográfica Luso-Brasileira, que deu orixe ao Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1945, foi o relator por parte da delegación portuguesa.
Obras A Fundación Calouste Gulbenkian editou a súa Obra Completa, en 3 volumesLisboa, Fundação Calouste Gulbenkian, 1995. ISBN 972-31-0833-X, 972-31-0663-9, 972-31-0953-0.. Esta edición non incluíu dúas das súas obras de referencia: Tratado de Ortografia Portuguesa. Coímbra, Tipografia Atlântida, 1947. Vocabulário da Língua Portuguesa. Coímbra, Coimbra Editora, 1966.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Martins, J. Cândido Martins . António Soares Amora e os Estudos de Literatura Portuguesa no Brasil Peterlini, A. A. Língua e Literatura Latina Casa de Portugal de São Paulo Catálogo da Biblioteca Nacional de Portugal
Categoría:Lexicógrafos Categoría:Lingüistas de Portugal Categoría:Filólogos de Portugal Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en Santarém Categoría:Personalidades sen imaxes