Megadeth é unha banda norteamericana de heavy metal liderada polo seu guitarrista e fundador Dave Mustaine. Os seus traballos conseguiron entrar varias veces no top 10 do Billboard, vendendo un total de 20 millóns de copias na súa historia. Xurdida no 1983 trala expulsión de Mustaine de Metallica debido ao seu mal comportamento e á súa adicción ás drogas, a banda publicou doce discos de estudio, tres EP e dous álbums en vivo.
Traxectoria A formación da banda cambiou moito dende os primeiros días, a causa, en boa medida, á drogadicción de Mustaine. Despois de recuperar a sobriedade ingresando nunha clínica de desintoxicación e atopar un elenco duradeiro, Megadeth publicou varios álbums que acadaron o disco de ouro ou platino, entre os que destacan Countdown to Extinction e Rust in Peace. Porén, Megadeth disolveuse no 2002 a causa dunha lesión nerviosa de Mustaine no seu brazo esquerdo, aínda que tras un intenso proceso de rehabilitación, o guitarrista reformou o grupo no 2004.
As letras de Megadeth tratan sobre política, guerra e, máis recentemente, relacións sentimentais. Dous dos seus vídeos musicais foron censurados na MTV acusados de promoveren o suicidio.
Megadeth é unha das bandas máis exitosas do heavy metal, conseguindo cinco álbums de platino consecutivos e sete nomeamentos consecutivas aos premios Grammy. Ao longo dos seus máis de vinte e cinco anos de historia, Megadeth tivo dezaoito membros distintos, sendo Mustaine o único factor común de todos os conxuntos. A banda é comunmente mencionada como un dos Catro Grandes do Thrash Metal xunto con Metallica, Anthrax e Slayer.
Discografía Álbum Ano Selo Killing Is My Business... and Business Is Good! 1985 Combat Records Peace Sells... but Who's Buying? 1986 Combat Records, Capitol Records So Far, So Good... So What! 1988 Combat Records, Capitol Records Rust in Peace 1990 Capitol Records Countdown to Extinction 1992 Capitol Records Youthanasia 1994 Capitol Records Cryptic Writings 1997 Capitol Records Risk 1999 Capitol Records The World Needs a Hero 2001 Sanctuary Records The System Has Failed 2004 Sanctuary Records United Abominations 2007 Roadrunner Records Endgame 2009 Roadrunner Records Thirteen 2011 Roadrunner Records Super Collider 2013 Tradecraft Dystopia 2016 Tradecraft The Sick, the Dying... and the Dead! 2022 Tradecraft/Universal Music GroupMegadeth2026 BLKIIBLK, Frontiers Music
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Megadeth
Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de speed metal Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1983