José Luis Moreno-Ruiz, nado en Santander en 1953 e finado en Madrid o 20 de xaneiro de 2021, foi un escritor, tradutor e xornalista español.

Traxectoria Novelista e poeta, traduciu ao castelán obras de Joseph Conrad, Jack London, G. K. Chesterton, Herman Melville, Robert Louis Stevenson entre outros. Na década de 1980 e principios de 1990 presentou e dirixiu en Radio 3 de Radio Nacional de España o programa Rosa de Sanatorio, título homónimo ao do soneto de Valle-Inclán. No eido da música froito da colaboración con Javier Corcobado ven a luz os discos de Moreno-Ruiz títulados Retratos de Añil (1994) e La Enfermería del Postre (1996) editados por Triquinoise. No ano 2004 publicou a novela Párpado amarillo y pálido, en setembro de 2007 comezou a publicar as súas achegas literarias na rede e no 2008 presentou a novela Pereda Cebú ambientada na súa cidade natal.

Obra Novelas En tu boca húmeda (Ediciones Libertarias-Prodhufi, 1980 / Koty, 2000) ISBN 84-85641-08-6 / ISBN 84-95579-24-3 María Angustias, la viuda que concibió sin pecado (Laertes, 1982) ISBN 84-85346-60-2 Dorada y negra, ológrafa memoria (Ediciones Libertarias-Prodhufi, 1985) ISBN 84-85641-78-7 Trípode con fugas (Huerga y Fierro Editores, 1997) ISBN 84-89858-04-7 Melancolía estuporosa (Roger Editor, 1998) ISBN 84-89979-12-X Párpado amarillo y pálido (Huerga y Fierro Editores, 2004) ISBN 84-8374-476-7 Pereda Cebú (Laertes, 2008) ISBN 84-7584-636-1

Relatos La muñeca del ventrílocuo y otras narraciones (Laertes, 1986) ISBN 84-7584-045-0 Ángeles en mis cojones (Ediciones Libertarias-Prodhufi, 1989) ISBN 84-86943-08-6 Danzón canalla (Grupo Unido de Proyectos y Operaciones, 1992) ISBN 84-7906-136-7 Somniloquia (Ediciones Libertarias-Prodhufi, 1993) ISBN 84-7954-111-3 Intraliminal (ejercicios exudatorios para virofóbicas) (La Palma, 1994) ISBN 84-87417-46-9

Outros Chochito periodista (Opúsculo) (Roger Editor, 1998) ISBN 84-89979-37-5 Lentas nubes que dan sueño (Ensaio/Ficción) (Huerga y Fierro Editores, 2000) ISBN 84-8374-194-6

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Diarios Moreno-Ruiz

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Cantabria Categoría:Tradutores de España Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2021